dcsimg
Image of Chamaerops humilis var. argentea (anon.) André
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Palms »

Mediterranean Fan Palm

Chamaerops humilis L.

Palmeira anana ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A palmeira anana[2] Chamaerops humilis, é a única palmeira (i.e. familia palmeiras) autóctona de Europa [3] e a única especie do xénero Chamaerops.

 src=
Detalle da folla
 src=
Vista da planta no seu hábitat

Xeneralidades

É unha planta de gran valor ornamental e ecolóxico moi resistente á seca a partir dos cinco anos. Os seus froitos serven de alimento a moitas especies autóctonas e a súa densidade espiñenta é aproveitada como acubillo para a cría por moitas especies animais. A planta ten valor comercial pola súa beleza e emprégase en xardinaxe pola súa resistencia e por non acadar unha grande altura como outras palmeiras. É moi empregada para xardíns de rocalla e para formar sebes espiñentas que impiden o paso. É frecuente vela en ressorts e hoteis ao ser unha especie rústica que require poucos coidados e soporta ben as condicións duras e a polución. Atópase en invernadoiros para a exportación. É unha especie carismática, extensamente distribuída por todo o litoral mediterráneo español, os rebentos tenros consómense, aínda que non é un produto apreciado. Distribúese polas rexións secas ao longo da costa mediterránea, desde Italia cara o oeste, mais excluíndo a Francia. É común nas costas mediterráneas de España (especialmente en Andalucía), no Algarve portugués, e no norte de Marrocos. Na provincia de Almería medra de forma natural na Serra do Cabo de Gata, onde é unha das súas especies máis características. Os seus froitos son inxeridos por mamíferos (o porco teixo, o raposo, o coello, ungulados) que, en ocasións, actúan como dispersantes das súas sementes.

Propiedades

O froito ten un alto contido de ácido butírico,[4] e é usado como antidiarreico, adstrinxente e nutritivo.[4] Úsase tamén como planta ornamental. Os rebentos centrais téñense usado en alimentación. As fibras das follas úsanse na confección de tapices, vasoiras e cordas, tamén para o recheo de tapizarías.[4]

Taxonomía

Chamaerops humilis foi descrita por Carol von Linné e publicado en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.[5][6]

Etimoloxía

Chamaerops: nome xenérico que provén de Chamai = "gamallo", refiríndose ao hábito anano.[7]

humilis: epíteto latino que significa "de baixo crecemento".[8]

Variedades
Sinonimia
  • Phoenix humilis (L.) Cav.
  • Phoenix humilis Royle
var. humilis
  • Chamaerops arborescens (Pers.) Steud.
  • Chamaerops bilaminata Gentil
  • Chamaerops conduplicata J.Kickx f.
  • Chamaerops depressa Chabaud
  • Chamaerops elegans Hook.f.
  • Chamaerops macrocarpa Tineo[10]

Notas

  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/genus.pl?2385 Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. (17 August 2013)
  2. Nome vulgar da especie en - Termos esenciais de botánica', Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  3. http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0716-078X2011000200008&script=sci_arttext
  4. 4,0 4,1 4,2 "Palmeira anana". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2009.
  5. "Palmeira anana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xaneiro de 2013.
  6. Sinónimos en Catalogue of life
  7. (J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley and C. Lewis. 2008)
  8. En Nomes Botánicos
  9. Variedades en Catalogue of life
  10. [Chamaerops humiliswww.theplantlist.org/tpl/search?q=Chamaerops+humilis Palmeira anana en PlantList]

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Palmeira anana: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A palmeira anana Chamaerops humilis, é a única palmeira (i.e. familia palmeiras) autóctona de Europa e a única especie do xénero Chamaerops.

 src= Detalle da folla  src= Vista da planta no seu hábitat
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician