A gaivota hiperbórea[2] (Larus hyperboreus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Ave grande con plumaxe branca. A cabeza mostra un raiado gris moi característica. Ollos e peteiro amarelos. Os xuvenís tardan catro anos en acadar o aspecto adulto.[3] Cría só ou en pequenas colonias. O niño pódese situar en cantís, illas ou terreos abertos preto do mar[3]. Aliméntase de peixes, ovos e polos[3]. En inverno tamén de calaza[3].
Presente ó norte de círculo polar, dende Alasca, Canadá, Islandia, Groenlandia e toda Siberia. As migracións invernais levan a moitos exemplares ata Florida, Golfo de México e Cuba.[4] En Europa establécese nas Illas Británicas, en toda a costa do Mar do Norte e Escandinavia[3]. A España chegan individuos illados case completamente localizados nas costas cantábricas[4].
É unha invernante habitual, mais escasa[4]. Normalmente atópanse individuos illados entre novembro e marzo. As citas danse nas costas da Coruña e de Pontevedra[4].
A gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.