dcsimg

Vireo caribaeus ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O vireo de San Andrés[3] ou verderón de San Andrés[4] (Vireo caribaeus), é unha especie de ave paseriforme pertencente ao numeroso xénero Vireo da familia Vireonidae. É endémico da illa colombiana de San Andrés, no mar Caribe (fronte á costa oriental de Nicaragua). Atópase na maioría da illa, pero a perda de diversos hábitats limita a poboación agora á parte sur.

Descrición

É unha ave pequena que acada ata 12,5 cm de lonxitude. É de cor verde oliva no dorso e abrancazado ou amarelo claro no ventre. Presenta dúas barras brancas nos bordos da á, bordos pálidos nas plumas de voo e unha franxa de cor amarelo claro entre o peteiro e os ollos. O ollo é de cor gris-marrón.[2][5] Emite varios cantos e chamados; produce un chamado dunha sílaba, un canto repetido de dúas sílabas e un canto de tres sílabas.[2]

Ten un peteiro lixeiramente máis delgado e máis escuro que o vireo dos mangleiros (Vireo pallens). O seu peteiro é un pouco máis longo e máis escuro que o do vireo de Xamaica (Vireo modestus), do que tamén difire por ter un ollo branquecino e unha franxa máis delgada entre o peteiro e os ollos[6]

Hábitat

Vive soamente na illa de San Andrés, no suroeste do Caribe. Preséntase nunha variedade de hábitats, incluíndo bosques, plantacións de cacao, pasteiros, matorrais e mangleirais. Prefire a vexetación cun sotobosque denso. É máis común no sur menos urbanizado da illa.

Estado de conservación

A poboación estímase entre 8 200 e 14 000 paxaros.[2] Pode ser vulnerable aos efectos dos furacáns.[7] Amenázao a perda de hábitat a medida que aumenta a poboación da illa, aínda que é relativamente tolerante á degradación do hábitat e segue sendo unha das aves máis comúns da illa. Está clasificada como ameazada de extinción en grao “vulnerable” por BirdLife International.[2]

Comportamento

Aliméntase de eirugas e outros artrópodos da vexetación.[2] O territorio de reprodución abarca arredor de 0,5 hectáreas. O aniñamento rexístrase en xuño; o niño é construído colgando sobre unha póla dos arbustos e mangleiros.[2] A femia pon dous ovos lixeiramente manchados.[8]

Notas

  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 BirdLife International (2009) Species factsheet: Vireo caribaeus. Consultado o 24 de setembro de 2010.
  3. Modelo:Nombres aves SEO 15
  4. "Vireo caribaeus (Vireo de San Andrés) - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2019-02-25.
  5. Raffaele, Herbert; James Wiley, Orlando Garrido, Allan Keith & Janis Raffaele (2003) Birds of the West Indies, Christopher Helm, London.
  6. Bond, James (1950) Birds of Cayo Largo (Cuba), San Andrés and Providencia, Proceedings of the Natural Academy of Sciences, 102: 43-68.
  7. Estela, Felipe A., John Douglas Silver & Luis Fernando Castillo (2005) The American White Pelican (Pelecanus erythrorhynchus) in Colombia, with comments on the effects of Caribbean hurricanes, Caldasia, 27: 271.
  8. Bond, James (1993) Birds of the West Indies, 5th ed., Collins, London.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Vireo caribaeus: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O vireo de San Andrés ou verderón de San Andrés (Vireo caribaeus), é unha especie de ave paseriforme pertencente ao numeroso xénero Vireo da familia Vireonidae. É endémico da illa colombiana de San Andrés, no mar Caribe (fronte á costa oriental de Nicaragua). Atópase na maioría da illa, pero a perda de diversos hábitats limita a poboación agora á parte sur.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician