Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reune ás salanganas),[2] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.
A especie foi descrita en 1878 polo reformador político, ornitólogo e botánico inglés, que traballou na India británica, Allan Octavian Hume, baixo o nome de Collocalia maxima,[3] que é o seu protónimo.[4]
Para a do xénero, ver Aerodramus.
O epíteto específico, maximus, é o nominativo singular do superlativo do adxectivo latino magnus, -a, -um, "grande", "de máximas dimensións". Literalmente: "grandísimo".
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas tres subespecies que se indican:[5][6]
Cunha lonxitude corporal de 14 cm, é a máis grande das salanganas.[7][8] A súa plumaxe é predominantemente de cor parda agrisada; a cola está levemente fendida o centro.[7]
A especie ten a capacidade de ecolocalización, o que lle permite visitar as colonias de cría situadas en covas, que tamén lle serven de refuxio para descansar e durmir.[7]
A súa área de distribución está situada no sueste asiático, principalmente na península Malaia e nas illas da Sonda,[7] pero tamén se atopa en Myanmar, Tailandia, Filipinas e Vietnam.
Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais húmidos e os bosques de montañas húmidos.[1]
Aerodramus maximus é unha das principais fontes de niños comestíbeis para a elaboración da famosa delicatessen chinesa: a sopa de niño de anduriña,[9] que se consumiu tradicionalmente na China durante os últimos 400 anos.[10]
Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reune ás salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.