A dos ostreoides ou ostreoideos (Ostreoidea) é unha superfamilia de moluscos mariños da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios e orde dos ostreidos.[1]
Os animais que forman parte deste grupo ás veces son coñecidos xenericamente como ostras,[2] e reúnense na actualidade en dúas familias.
A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra Analyse de la nature or Tableau de l'univers et des corps organisés editada en Palermo.
Na actualidade (2020) recoñécense na subfamilia as dúas familias seguintes:[1]
As familias dos ostreoideos considerábanse antigamente como parte da subfamilia dos pterioideos (Pterioidea), pero hoxe se clasifícanse dentro de Ostreoida Rafinesque, 1815 porque son familias de ostras "reais" (incluídas as especies comerciais destinadas ao consumo), mientras que as familias dos Pterioidea son ostras perlíferas tropicais.[3]
Los ostreoides caracterízanse pola súa grosa cuncha, compuosta de aragonito e proteínas como a conquiolina, característica de todos os lamelibranquios. As dúas valvas desta gran carcasa, desigual, está fixadas entre si pola valva esquerda, que xeralmente é curvada, cóncava, co extremo anterior máis ou menos enderezado en forma de gancho axial ben desenvolvido.[4][5]. Sábese que as aletas anais existen na familia dos ostreidos, pero non nos grifeidos máis primitivos.[6] A cicatriz do músculo aductor é simple, cunha marca central única.[7] Na maioría das especies, a valva dereita é menos convexa que a esquerda.[8]
A dos ostreoides ou ostreoideos (Ostreoidea) é unha superfamilia de moluscos mariños da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios e orde dos ostreidos.
Os animais que forman parte deste grupo ás veces son coñecidos xenericamente como ostras, e reúnense na actualidade en dúas familias.