O lume bacteriano[1] (fire blight en inglés) é unha doenza que afecta a diversas especies de plantas da familia das rosáceas entre as cales se atopan diversas especies froiteiras, tales como pereiras (Pyrus), maceiras (Malus), marmeleiros (Cydonia) e nespereiras (Eryobotrya e Mespillus), así como a outras plantas ornamentais e silvestres: Amelanchier, Chaenomeles, Crataegus (estripeiros), Cotoneaster, Photinia davidiana, Pyracantha, Sorbus (sorbeiras) e as variedades ornamentais de Pyrus e Malus. O patóxeno causante é a bacteria Erwinia amylovora.[2]
A sensibilidade da enfermidade é moi diversa segundo especies e variedades. Os danos causados poden ser moi graves, especialmente en pereira, pode producir a morte da planta afectada nun período moi curto de tempo. Isto aumenta pola gran facilidade de propagación da doenza e porque non hai tratamentos químicos curativos.
Normalmente as segundas infeccións prodúcense na primavera. A partir da polinización das flores a doenza progresa de xeito descendente e vai afectando a follas e gomos; as flores e as follas toman un aspecto queimado, que dá nome á enfermidade. Os rebentos tenros murchan e, en ocasións, cúrvanse. A infección pasa ás franzas e pólas secundarias, ás principais e finalmente aos toros, causando finalmente que a árbore ou arbusto seque.
En plantacións: arricar e destruír todas as plantas infectadas dentro dun radio mínimo 10 m da planta afectada.
Establecer unha zona de seguranza nun radio de 1 quilómetro, arrincando as plantas afectadas e prohibindo o transporte de vexetais.
O lume bacteriano (fire blight en inglés) é unha doenza que afecta a diversas especies de plantas da familia das rosáceas entre as cales se atopan diversas especies froiteiras, tales como pereiras (Pyrus), maceiras (Malus), marmeleiros (Cydonia) e nespereiras (Eryobotrya e Mespillus), así como a outras plantas ornamentais e silvestres: Amelanchier, Chaenomeles, Crataegus (estripeiros), Cotoneaster, Photinia davidiana, Pyracantha, Sorbus (sorbeiras) e as variedades ornamentais de Pyrus e Malus. O patóxeno causante é a bacteria Erwinia amylovora.
A sensibilidade da enfermidade é moi diversa segundo especies e variedades. Os danos causados poden ser moi graves, especialmente en pereira, pode producir a morte da planta afectada nun período moi curto de tempo. Isto aumenta pola gran facilidade de propagación da doenza e porque non hai tratamentos químicos curativos.