dcsimg

Cancro do castiñeiro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cancro do castiñeiro[1] é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[2] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a muerte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.

Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.

Axente causal

/Cryphonectria parasitica (Murrill) Barr (Ascomycota, Diaporthales). Sinónimo: 'Endothia parasitica Estado asexual (mitótico): Endothiella parasitica(Murrill) P.J. & H.W. Anderson.

Nomes vulgares noutras linguas

  • Inglés: chestnut blight ou canker;
  • Francés: chancre de l'écorce du châtaignier;
  • Alemán: Kastanienkrebs;
  • Español: chancro del castaño;
  • Portugués: Cancro do castanheiro.

Árbores hospedadoras

Castanea sativa (castiñeiro europeo), Castanea dentata (castiñeiro americano), diferentes especies de carballos: Quercus ilex (aciñeiras), Quercus pubescens, Quercus petraea (carballos albariños), Castanopsis, pradairos, Rhus typhina, Carya ovata.

Distribución

Na Península Ibérica

Atopouse cancro na metade norte da Península: Galiza, Norte de Portugal, Asturias, Castela e León, País Vasco, Navarra e Cataluña.

Distribución mundial

Achouse cancro do castiñeiro nos catro continentes: • Europa: Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Macedonia, Polonia, Portugal, Rusia (costa do Mar Negro e Cáucaso), Suíza, Ucraína e repúblicas iugoslavas. • América del Norte: Canadá (Columbia Británica y Ontario) y Estados Unidos. • África: Tunisia • Asia: China, Corea do Norte, Corea do Sur, Xeorxia, India (Uttar Pradesh), Xapón (Honshu), Taiwán e Turquía.

Notas

  1. Nome vulgar da doenza en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012), Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo
  2. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 das Especies Exóticas Invasoras máis daniñas do mundo. Unha selección do Global Invasive Species Database. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000. Versión traducida e actualizada: Novembro de 2004.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cancro do castiñeiro: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cancro do castiñeiro é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a muerte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.

Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician