dcsimg

Schizosaccharomyces ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Schizosaccharomyces é un xénero de lévedos que realizan a fisión binaria. Viven como saprófitos en exsudados azucrados de plantas. O xénero está bastante illado sistematicamente do resto dos fungos e clasifícase na súa propia clase. Divídese por fisión binaria medial, de aí que a estes lévedos se lles chame lévedos de fisión (o que os diferencia dos lévedos de xemación como Saccharomyces). A especie mellor estudada é S. pombe. Actualmente están descritas catro especies[1] deste xénero, que son: S. pombe, S. japonicus, S. octosporus e S. cryophilus.[2] Igual que o lévedo emparentado distantemente Saccharomyces cerevisiae, S. pombe é un importante organismo modelo para estudar a bioloxía dos eucariotas. É especialmente útil en estudos evolutivos porque se cre que diverxiu da liñaxe de Saccharomyces cerevisiae hai entre 300 millóns e 1.000 millóns de anos.[3]

Notas

  1. Species fungorum Index
  2. Rhind, N.; Chen, Z., Yassour, M., Thompson, D. A., Haas, B. J., Habib, N., Wapinski, I., Roy, S., Lin, M. F., Heiman, D. I., Young, S. K., Furuya, K., Guo, Y., Pidoux, A., Chen, H. M., Robbertse, B., Goldberg, J. M., Aoki, K., Bayne, E. H., Berlin, A. M., Desjardins, C. A., Dobbs, E., Dukaj, L., Fan, L., FitzGerald, M. G., French, C., Gujja, S., Hansen, K., Keifenheim, D., Levin, J. Z., Mosher, R. A., Muller, C. A., Pfiffner, J., Priest, M., Russ, C., Smialowska, A., Swoboda, P., Sykes, S. M., Vaughn, M., Vengrova, S., Yoder, R., Zeng, Q., Allshire, R., Baulcombe, D., Birren, B. W., Brown, W., Ekwall, K., Kellis, M., Leatherwood, J., Levin, H., Margalit, H., Martienssen, R., Nieduszynski, C. A., Spatafora, J. W., Friedman, N., Dalgaard, J. Z., Baumann, P., Niki, H., Regev, A., Nusbaum, C. (21 April 2011). "Comparative Functional Genomics of the Fission Yeasts". Science 332 (6032): 930–936. PMC 3131103. PMID 21511999. doi:10.1126/science.1203357.
  3. * Jac A. Nickoloff and Merl F. Hoekstra. 1998. DNA Damage and Repair: DNA Repair in Prokaryotes and Lower Eukaryotes, Humana Press, ISBN 978-0-89603-356-6, 626 pages

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Schizosaccharomyces: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Schizosaccharomyces é un xénero de lévedos que realizan a fisión binaria. Viven como saprófitos en exsudados azucrados de plantas. O xénero está bastante illado sistematicamente do resto dos fungos e clasifícase na súa propia clase. Divídese por fisión binaria medial, de aí que a estes lévedos se lles chame lévedos de fisión (o que os diferencia dos lévedos de xemación como Saccharomyces). A especie mellor estudada é S. pombe. Actualmente están descritas catro especies deste xénero, que son: S. pombe, S. japonicus, S. octosporus e S. cryophilus. Igual que o lévedo emparentado distantemente Saccharomyces cerevisiae, S. pombe é un importante organismo modelo para estudar a bioloxía dos eucariotas. É especialmente útil en estudos evolutivos porque se cre que diverxiu da liñaxe de Saccharomyces cerevisiae hai entre 300 millóns e 1.000 millóns de anos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician