Os verrucomicrobios ou Verrucomicrobia son un filo de bacterias recentemente descrito. Este filo contén só unhas poucas especies descritas; un exemplo é Verrucomicrobium spinosum, un microbio cunha morfoloxía que lembra ás verrugas, a partir do cal o filum recibiu o seu nome (pero non son causantes da formación de verrugas). As especies identificadas foron illadas da auga doce, do solo e das feces humanas, e considéranse abundantes e importantes nos solos agrícolas e forestais. Identificáronse varias especies que aínda non se puideron cultivar asociadas con hóspedes eucariotas, como ectosimbiontes de protistas e endosimbiontes de nematodos, que viven nos seus gametos.
Presentan unha ou varias prolongacións (prostecas) con forma de apéndices verrugosos. A súa parede ten proteoglicano. Divídense simetricamente por fisión. Son aerobias facultativas que respiran ou fermentan azucres. A ultraestrutura celular é peculiar e case única entre os procariotas (só parecida á de Planctomycetes), xa que a célula está dividida por membranas en varios compartimentos: un compartimento grande chamado pirelulosoma alberga ao nucleoide condensado e aos ribosomas e está rodeado por unha membrana intracitoplasmática; o outro compartimento é o parifoplasma, libre de ribosomas e situado entre a membrana intracitoplasmática e a membrana plasmática.[1]
Este filo considérase que ten dous filos irmáns: Chlamydiae e Lentisphaerae.[2]
Cavalier-Smith postulou que os Verrucomicrobia pertencen ao clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes. Datos do ARNr 16S apoian esta idea.[3]
Recentemente foi secuenciado o xenoma completo de Methylacidiphilum infernorum (2,3 Mbp). No seu único cromosoma circular, foron preditas 2473 proteínas, 731 das cales non teñen homólogos detectables. Estas análises tamén revelaron moitas posibles homoloxías coas Proteobacteria.[4] [5]
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseado na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[7]
?Candidatus Epixenosoma ejectans ♠
?Lentimonas marisflavi ♠ Choo & Cho 2006
?Methylacidiphilum ♠M. fumariolicum ♠ (Pol et al. 2007) Op den Camp et al. 2009
M. infernorum ♠ (Dunfield et al. 2007) Hou et al. 2008
M. kamchatkense ♠ Islam et al. 2008
Opitutae PuniceicoccaceaePuniceicoccus vermicola Choo et al. 2007
Coraliomargarita akajimensis Yoon et al. 2007
CerasicoccusC. arenae Yoon et al. 2007
C. frondis ♠ Yoon et al. 2010
C. maritimus ♠ Yoon et al. 2010
Opitutales PelagicoccusP. croceus Yoon et al. 2007
P. mobilis Yoon et al. 2007
P. albus Yoon et al. 2007
P. litoralis Yoon et al. 2007
OpitutaceaeOpitutus terrae Chin et al. 2001
Alterococcus agarolyticus Shieh and Jean 1999
ChthoniobacteraceaeChthoniobacter flavus ♠ Sangwan et al. 2004
Candidatus Xiphinematobacter ♠Candidatus X. americani ♠ Vandekerckhove et al. 2000
Candidatus X. brevicolli ♠ Vandekerckhove et al. 2000
Candidatus X. rivesi ♠ Vandekerckhove et al. 2000
Verrucomicrobiales?Fucophilus fucoidanolyticus ♠ Sakai et al. 2001b
?Pedosphaera parvula ♠ Ozyurt 2008
VerrucomicrobiaceaeVerrucomicrobium spinosum Schlesner 1988
ProsthecobacterP. fluviatilis Takeda et al. 2008
P. vanneervenii Hedlund et al. 1998
P. dejongeii Hedlund et al. 1998
P. debontii Hedlund et al. 1998
P. fusiformis (ex Staley et al. 1976) Staley et al. 1980
RubritaleaceaeAkkermansia muciniphila Derrien et al. 2004
LuteolibacterL. algae Yoon et al. 2008
L. pohnpeiensis Yoon et al. 2008
Haloferula?H. luteola Bibi et al. 2011
H. sargassicola Yoon et al. 2008
H. helveola Yoon et al. 2008
H. phyci Yoon et al. 2008
H. harenae Yoon et al. 2008
H. rosea Yoon et al. 2008
RoseibacillusR. persicicus Yoon et al. 2008
R. ishigakijimensis Yoon et al. 2008
R. ponti Yoon et al. 2008
Persicirhabdus sediminis Yoon et al. 2008
Rubritalea?R. halochordaticola Yoon et al. 2011
R. sabuli Yoon et al. 2008
R. squalenifaciens Kasai et al. 2007
R. marina Scheuermayer et al. 2006
R. spongiae Yoon et al. 2007
R. tangerina Yoon et al. 2007
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LSPN.
Os verrucomicrobios ou Verrucomicrobia son un filo de bacterias recentemente descrito. Este filo contén só unhas poucas especies descritas; un exemplo é Verrucomicrobium spinosum, un microbio cunha morfoloxía que lembra ás verrugas, a partir do cal o filum recibiu o seu nome (pero non son causantes da formación de verrugas). As especies identificadas foron illadas da auga doce, do solo e das feces humanas, e considéranse abundantes e importantes nos solos agrícolas e forestais. Identificáronse varias especies que aínda non se puideron cultivar asociadas con hóspedes eucariotas, como ectosimbiontes de protistas e endosimbiontes de nematodos, que viven nos seus gametos.
Presentan unha ou varias prolongacións (prostecas) con forma de apéndices verrugosos. A súa parede ten proteoglicano. Divídense simetricamente por fisión. Son aerobias facultativas que respiran ou fermentan azucres. A ultraestrutura celular é peculiar e case única entre os procariotas (só parecida á de Planctomycetes), xa que a célula está dividida por membranas en varios compartimentos: un compartimento grande chamado pirelulosoma alberga ao nucleoide condensado e aos ribosomas e está rodeado por unha membrana intracitoplasmática; o outro compartimento é o parifoplasma, libre de ribosomas e situado entre a membrana intracitoplasmática e a membrana plasmática.
Este filo considérase que ten dous filos irmáns: Chlamydiae e Lentisphaerae.
Cavalier-Smith postulou que os Verrucomicrobia pertencen ao clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes. Datos do ARNr 16S apoian esta idea.
Recentemente foi secuenciado o xenoma completo de Methylacidiphilum infernorum (2,3 Mbp). No seu único cromosoma circular, foron preditas 2473 proteínas, 731 das cales non teñen homólogos detectables. Estas análises tamén revelaron moitas posibles homoloxías coas Proteobacteria.