dcsimg

Suricata ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Meerkat portrait, Zoo, Budapest.jpg
Melbourne Zoo meerkats.jpg

O suricata (Suricata suricatta) é un pequeno mamífero da familia dos herpéstidos.

Características

O seu corpo mide entre 25 e 30 cm máis un rabo duns 20 a 24 cm, o seu peso medio varía entre 730 gramos nos machos e 720 nas femias, aínda que hai exemplares que poden chegar aos 970 gramos. A pelaxe é xeralmente gris acastañada, ás veces castaña avermellada, o rabo é castaño escuro no cabo.

Distribución

 src=
Distribución do suricata.

O suricata habita no deserto do Kalahari e en chairas secas de Suráfrica, Namibia, Botswana e unha pequena zona de Angola.

Costumes

Debido a que se desenvolve en zonas con escasa ou nula vexetación pode enxergar os depredadores de lonxe, vivindo en túneles subterráneos, alimentándose de insectos e outros pequenos animais así como de tubérculos e bulbos de plantas. Os suricatas viven en grupo, cada colonia pode consistir de vinte ou trinta membros, mentres os suricatas procuran comida ou mesmo descansa no exterior sempre hai un deles que permanece de vixía, poñéndose de pé, apoiado nas súas patas traseiras, á esculca de predadores coa misión de avisar ao resto de detectar perigo. Cada colonia conta cun macho e unha femia dominante, que son lixeiramente maiores que o resto. Só o macho dominante copula coas femias. A xestación dura de 70 a 77 días, normalmente paren de 2 a 4 crías, ás veces cinco, alimentándose do leite materno durante 4 ou 6 semanas.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Suricata: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Meerkat portrait, Zoo, Budapest.jpg Melbourne Zoo meerkats.jpg

O suricata (Suricata suricatta) é un pequeno mamífero da familia dos herpéstidos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician