O Spilocuscus maculatus é unha especie de marsupial que habita na rexión da Península de Cabo York, en Australia, na illa de Nova Guinea, e nas illas achegadas máis pequenas.
O seu corpo mide entre 35 e 65 cm de lonxitude e a súa cola entre 30 a 60 cm de longo, sendo prénsil. O seu peso rolda os 800 g. A pelaxe dos machos é de cor castaña, olivácea a alaranxada con manchas brancas irregulares, mentres que as femias son grises. A testa é redondeada, coas orellas pequenas e os ollos grandes.
O Spilocuscus maculatus é unha especie de marsupial que habita na rexión da Península de Cabo York, en Australia, na illa de Nova Guinea, e nas illas achegadas máis pequenas.