Pseudomonadales é unha orde de proteobacterias. Comprende especies quimiorganótrofas e xeralmente móbiles por flaxelos. Como todas as proteobacterias son bacterias gramnegativas. Os xéneros Azomonas e Azotobacter son bacterias fixadoras do nitróxeno de vida libre que pertencen a este grupo. Especies do xénero Pseudomonas son patóxenas de plantas, seres humanos e animais. Moraxella e Acinetobacter poden ser tamén patóxenas.
Na subdivisión en familias das Pseudomonadales non hai un total acordo. A orde subdivídese nas familias Pseudomonadaceae e Moraxellaceae.[1] Nalgunhas clasificacións colócase nesta orde unha terceira familia, as Azotobacteraceae, pero é controvertido, xa que outros asocian os xéneros Azotobacter e Azomonas coas Pseudomonadaceae, nas que formarían, xunto con Azorhizophilus, o grupo Azotobacter. De feito, análises recentes do xenoma non anotado de Azotobacter vinelandii indican que é máis apropiado agrupar esta bacteria coas da familia Pseudomonadaceae.[2] Tamén se propuxo a familia Branhamaceae, na que se acomodarían os xéneros Moraxella e Branhamella (pero hai sinonimias entre eses dous xéneros, polo que non parece apropiado).[3]
A seguinte é unha lista de familias e xéneros:[4]: