dcsimg

Soricomorfos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos soricomorfos (Soricomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios.[1]

Até hai poucos anos, as especies que hoxe integran a orde formaban un grupo importante dentro da antiga orde dos insectívoros. Porén, demostrouse que esta orde era polifilética, polo que varias novas ordes separáronse del, como a dos afrosorícidos (que inclúe os tenrecs e as toupas douradas), a dos macroscelideos (as musarañas elefante) a dos erinaceomorfos (que alberga aos ourizos e aos ximnuros), deixando só catro familias que son as que comprende esta nova orde, como se mostra máis abaixo.[1]

Posteriormente demostrouse que Soricomorpha era un grupo parafilético, porque os sorícidos compartiron un antepasado común máis recente cos erinaceidos que con outros soricomorfos.[2] Demostrouse que a reunión dos Soricomorpha e os Erinaceidae era un grupo monofilético, coñecido por algúns autores como a orde dos Eulipotyphla.[3]

Entre outras especies pertencen á orde dos soricomorfos as toupas e as musarañas.

Taxonomía

Descrición da orde

A orde dos Soricomorpha foi creada en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory (1876-1970), pero non foi adoptada fóra da paleontoloxía até os inicios do século XXI, grazas aos avances da xenética.

Etimoloxía

O nome científico Soricomorpha está formado pola unión dos elementos do latín científico soric-, raíz derivada do xenitivo de sōrex, -icis, "rato", e tamén "musaraña", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", usando a vogal -o- como elemento de unión para facilitar a pronuncia. Literalmente: "os que teñen forma de musaraña".

Clasificación

A orde dos soricomorfos divídese en catro familias.[4]

As especies do xénero Nesophontes, único da familia dos Nesophontidae, parece que sobreviviron á extinción plistocena tardía, polo menos sábese que cinco especies existiron en América en época poscolombina.[7]

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 Hutterer, R. (2005): Soricomorpha, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 220–311.
  2. A. L. Roca, G. K. Bar-Gal, E. Eizirik, K. M. Helgen, R. Maria, M. S. Springer, S. J. O'Brien & W. J. Murphy (2004): "Mesozoic origin for West Indian insectivores". Nature 429 (6992): 649–651. Resume.
  3. Robin M. D. Beck, Olaf R. P. Bininda-Emonds, Marcel Cardillo, Fu-Guo Robert Liu & Andy Purvis (2006): "A higher level MRP supertree of placental mammals". BMC Evolutionary Biology 6: 93.
  4. Soricomorpha en Mammal Species of the World.
  5. Soricidae en MSW.
  6. Talpidae en MSW.
  7. Nesophontidae en MSW.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614.
  • Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Marylando, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  • Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. New York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Soricomorfos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos soricomorfos (Soricomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios.

Até hai poucos anos, as especies que hoxe integran a orde formaban un grupo importante dentro da antiga orde dos insectívoros. Porén, demostrouse que esta orde era polifilética, polo que varias novas ordes separáronse del, como a dos afrosorícidos (que inclúe os tenrecs e as toupas douradas), a dos macroscelideos (as musarañas elefante) a dos erinaceomorfos (que alberga aos ourizos e aos ximnuros), deixando só catro familias que son as que comprende esta nova orde, como se mostra máis abaixo.

Posteriormente demostrouse que Soricomorpha era un grupo parafilético, porque os sorícidos compartiron un antepasado común máis recente cos erinaceidos que con outros soricomorfos. Demostrouse que a reunión dos Soricomorpha e os Erinaceidae era un grupo monofilético, coñecido por algúns autores como a orde dos Eulipotyphla.

Entre outras especies pertencen á orde dos soricomorfos as toupas e as musarañas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician