dcsimg

Salvia ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

 src=
Xarxa común Salvia officinalis.
 src=
Salvia cacaliaefolia.

Salvia é un xénero de plantas da familia das lamiáceas, denominadas comunmente xarxas. Xeralmente a verba xarxa ou sarxa fai referencia á Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. Salvia L., representa cerca sobre 900 especies e distribúese extensamente en varias rexións do mundo, como Suráfrica, arredor de toda América e Asia Sur-Oriental. As plantas son tipicamente de 3-15 cm de altura, herbáceas ou leñosas, coas flores atractivas en varias colores.

Etimoloxía

O termo xarxa vén de salvia, que á súa vez provén do latín “salvare”, que significa “curar”. Na antigüidade utilizábanse as especies de xarxa posto que servía para curar máis de sesenta diversas doenzas desde dores a epilepsia, e tratar principalmente arrefriados, bronquites, tuberculoses, hemorraxias etc.

Usos

A xarxa ten usos ornamentais, medicinais e gastronómicos, empregándose como condimento. Tamén é habitual tomala en infusión.

Descrición

As súas características son as dunha planta aromática da familia Lamiaceae; se ben o seu porte varía de herbáceo a arbustivo, a presenza do labelo superior da flor bilabiada moi conspicuo e curvado cara a abaixo permite a súa identificación.

Especies

Sinonimia

Notas

  1. "Salvia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 14 de abril de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Sarxa brava (especie de diferente xénero: Teucrium scorodonia)

Bibliografía

  • Gülaçti Topçu. 2006. Bioactive Triterpenoids from Salvia Species. J. Nat. Prod. 69: 482-487
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Salvia: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Xarxa común Salvia officinalis.  src= Salvia cacaliaefolia.