dcsimg

Bilurico patiamarelo grande ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O bilurico patiamarelo grande[2][3] (Tringa melanoleuca) é unha ave limícola grande de Norteamérica. O nome do xénero, Tringa, é o nome neolatino que lle deu ao bilurico alinegro Aldrovandus en 1599, baseándose na palabra grega trungas utilizada por Aristóteles para referirse a unha ave mal definida. O nome específico melanoleuca procede do grego melas, 'negro' e leukos 'branco'.[4]

O bilurico patiamarelo grande é similar en aparencia á especie de menor tamaño bilurico patiamarelo pequeno. Porén, o seu parente máis próximo é o bilurico claro, que xunto co bilurico escuro forman un grupo estreitamente unido. Todas estas tres especies mostran as cores básicas de patas e pés dos Tringa, o que demostra que este carácter é parafilético.[5] Son os biluricos deste tipo máis grandes agás o Tringa semipalmata, que ten unha constitución corporal máis robusta. O bilurico patiamarelo grande e o bilurico claro teñen ambos un debuxo do peito bastante nítido, escuro e áspero así como moita cor negra nos ombreiros en plumaxe reprodutora.

Os adultos teñen unhas patas amarelas longas e un bico escuro longo e delgado, que fai unha lixeira curva cara arriba e é máis longo que a cabeza. O corpo é marrón cincento pola parte superior e branco na parte ventral; o pescozo e o peito están manchados de marrón escuro. A rabadilla é branca. A súa lonxitude vai dos 29 aos 40 cm e en peso de 111 a 250 g.

 src=
Exemplar xuvenil.

O seu hábitat de reprodución son os pantanos e marismas da rexión do bosque boreal do Canadá e Alasca. Fan o niño no chan, xeralmente en lugares ben agochados preto da auga. Como media poñen de tres a catro ovos duns 50 mm de longo e 33 mm de largo, que pesan uns 28 g, cuxa incubación dura 23 días. As crías abandonan o niño 24 hotas despois da eclosión e dous días despoois marchan definitivamente lonxe do niño.

Son aves migratorias que parten cara ao sur ás costas do Atlántico e Pacífico dos Estados Unidos e sur de América do Sur para invernar. Son raras aves errantes no oeste de Europa, algunhas das cales chegan accidentalmente a Galicia[3].

Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando os seus bicos para remexer na auga e comen principalmente insectos e pequenos peixes, e tamén crustáceos e vermes mariños. Adoitan camiñar pola area e o barro das ribeiras deixando pegadas ben visibles; pode oberse información sobre a especie examinando estas pegadas.

A súa chamada é máis áspera que a do bilurico patiamarelo pequeno.

Os biluricos das especies grandes eran antes cazados e comidos en resturantes como un manxar, o que levou a algunhas especies ao bordo da extinción no século XIX e principios do XX. Actualmente contan con protección legal. Os cazadores observaron que os biluricos patiamarelos eran as primeiras aves en dar a alarma cando se achegaban cazadores.[6]

Notas

  1. "Tringa melanoleuca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 247, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
  6. Sherr, Evelyn B. (2015). Marsh Mud and Mummichogs: An Intimate Natural History of Coastal Georgia. University of Georgia Press. p. 154.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Bilurico patiamarelo grande: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca) é unha ave limícola grande de Norteamérica. O nome do xénero, Tringa, é o nome neolatino que lle deu ao bilurico alinegro Aldrovandus en 1599, baseándose na palabra grega trungas utilizada por Aristóteles para referirse a unha ave mal definida. O nome específico melanoleuca procede do grego melas, 'negro' e leukos 'branco'.

O bilurico patiamarelo grande é similar en aparencia á especie de menor tamaño bilurico patiamarelo pequeno. Porén, o seu parente máis próximo é o bilurico claro, que xunto co bilurico escuro forman un grupo estreitamente unido. Todas estas tres especies mostran as cores básicas de patas e pés dos Tringa, o que demostra que este carácter é parafilético. Son os biluricos deste tipo máis grandes agás o Tringa semipalmata, que ten unha constitución corporal máis robusta. O bilurico patiamarelo grande e o bilurico claro teñen ambos un debuxo do peito bastante nítido, escuro e áspero así como moita cor negra nos ombreiros en plumaxe reprodutora.

Os adultos teñen unhas patas amarelas longas e un bico escuro longo e delgado, que fai unha lixeira curva cara arriba e é máis longo que a cabeza. O corpo é marrón cincento pola parte superior e branco na parte ventral; o pescozo e o peito están manchados de marrón escuro. A rabadilla é branca. A súa lonxitude vai dos 29 aos 40 cm e en peso de 111 a 250 g.

 src= Exemplar xuvenil.

O seu hábitat de reprodución son os pantanos e marismas da rexión do bosque boreal do Canadá e Alasca. Fan o niño no chan, xeralmente en lugares ben agochados preto da auga. Como media poñen de tres a catro ovos duns 50 mm de longo e 33 mm de largo, que pesan uns 28 g, cuxa incubación dura 23 días. As crías abandonan o niño 24 hotas despois da eclosión e dous días despoois marchan definitivamente lonxe do niño.

Son aves migratorias que parten cara ao sur ás costas do Atlántico e Pacífico dos Estados Unidos e sur de América do Sur para invernar. Son raras aves errantes no oeste de Europa, algunhas das cales chegan accidentalmente a Galicia.

Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando os seus bicos para remexer na auga e comen principalmente insectos e pequenos peixes, e tamén crustáceos e vermes mariños. Adoitan camiñar pola area e o barro das ribeiras deixando pegadas ben visibles; pode oberse información sobre a especie examinando estas pegadas.

A súa chamada é máis áspera que a do bilurico patiamarelo pequeno.

Os biluricos das especies grandes eran antes cazados e comidos en resturantes como un manxar, o que levou a algunhas especies ao bordo da extinción no século XIX e principios do XX. Actualmente contan con protección legal. Os cazadores observaron que os biluricos patiamarelos eran as primeiras aves en dar a alarma cando se achegaban cazadores.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician