dcsimg

Excalfactoria ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

 src=
Lámina de Coturnix adansonii
(hoxe Excalfactoria adansonii)
por C. G. Finch-Davies na obra de Horsbrugh, Boyd (1912): The game-birds and water-fowl of South Africa. London: Witherby & Co.

Excalfactoria é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe dúas especies de paspallases do Vello Mundo.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1856 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[1]

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Excalfactoria deriva do latín clásico excalfactorius, 'quecemento', 'que dá calor',[2] en alusión a o termo usado ​​polos chineses para quentar as mans cando vai frío, xa que se cre que o corpo destas aves contén unha gran cantidade de calor na súa época de reprodución[3]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido (e polo antigo Coturnix), o xénero coñeceuse tamén por:[4]

  • Synoicus Gould, 1843

Especies

Segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (Version 3.3) o xénero comprende dúas especies:[5]

Variacións taxonómicas

O xénero foi transferido a Coturnix despois de que ete fora descrito por en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre (segundo os autores).[6][7]

Este xénero mantívose durante moitos anos, até que recentemento foi recasificado, por algúns autores, no xénero Synoicus[8] e, polo grupo de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, no actualmente válido Excalfactoria.[5]

Notas

  1. Excalfactoria Bonaparte, 1856 na IOC World Bird List (do Congreso Ornitolóxico Internacional). Versión 9.1. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
  2. Excalfactoria en Jobling, James A. (2010): The Helhm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  3. Jardine, W. and Selby, P. J. (1826–1843): Illustrations of ornithology. Edinburgh.
  4. Synoicus Gould 1843 en Fossilworks.
  5. 5,0 5,1 King Quail Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766) e Blue Quail Excalfactoria adansonii (Verreaux, J & Verreaux, E, 1851) na IOC World Bird List (do Congreso Ornitolóxico Internacional). Versión 9.1. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
  6. Genus taxon summary for Coturnix. AnimalBase.
  7. Coturnix Bonnaterre, 1791 no ITIS.
  8. Synoicus na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

Bibliografía

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Excalfactoria: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Lámina de Coturnix adansonii
(hoxe Excalfactoria adansonii)
por C. G. Finch-Davies na obra de Horsbrugh, Boyd (1912): The game-birds and water-fowl of South Africa. London: Witherby & Co.

Excalfactoria é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe dúas especies de paspallases do Vello Mundo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician