dcsimg

Aerodramus maximus ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reune ás salanganas),[2] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1878 polo reformador político, ornitólogo e botánico inglés, que traballou na India británica, Allan Octavian Hume, baixo o nome de Collocalia maxima,[3] que é o seu protónimo.[4]

Etimoloxía

Para a do xénero, ver Aerodramus.

O epíteto específico, maximus, é o nominativo singular do superlativo do adxectivo latino magnus, -a, -um, "grande", "de máximas dimensións". Literalmente: "grandísimo".

Subespecies

Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas tres subespecies que se indican:[5][6]

  • Aerodramus maximus (Hume, 1878)
    • Aerodramus maximus maximus (Hume, 1878) - Sur de Myanmar, Malaisia, e sueste de Vietnam
    • Aerodramus maximus lowi (Sharpe, 1879) - Sumatra, norte e oeste Borneo, e Xava
    • Aerodramus maximus tichelmani (Stresemann, 1926) - Sueste de Borneo

Características

Cunha lonxitude corporal de 14 cm, é a máis grande das salanganas.[7][8] A súa plumaxe é predominantemente de cor parda agrisada; a cola está levemente fendida o centro.[7]

A especie ten a capacidade de ecolocalización, o que lle permite visitar as colonias de cría situadas en covas, que tamén lle serven de refuxio para descansar e durmir.[7]

Distribución e hábitat

A súa área de distribución está situada no sueste asiático, principalmente na península Malaia e nas illas da Sonda,[7] pero tamén se atopa en Myanmar, Tailandia, Filipinas e Vietnam.

Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais húmidos e os bosques de montañas húmidos.[1]

Usos

Véxase tamén: Sopa de niño de anduriña.

Aerodramus maximus é unha das principais fontes de niños comestíbeis para a elaboración da famosa delicatessen chinesa: a sopa de niño de anduriña,[9] que se consumiu tradicionalmente na China durante os últimos 400 anos.[10]

Notas

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Aerodramus maximus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 18 de outubro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. Wikispecies
  4. Aerodramus maximus (Hume, 1878) en AviBase.
  5. Ver Aerodramus na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 18 de outubro de 2019.
  6. Aerodramus maximus (Hume, 1878) no ITIS. Consultada o 18 de outubro de 2019.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Phil Chantler 1995, pp. 148 e ss.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  9. Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134.
  10. Hobbs, Joseph J. (2004): "Problems in the harvest of edible birds’ nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo." Biodiversity and Conservation 13: 2209-2226.

Véxase tamén

Bibliogarfía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Aerodramus maximus: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reune ás salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician