Perna é un xénero de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos.[1]
O xénero comprene tres especies coñecidas vulgarmente, na bibliografía internacional, como mexillóns verdes, ou mexillóns do Pacífico.[Cómpre referencia] Estas especies de mexillóns con comestíbeis e explótanse comercialmente.
O xénero foi descrito en 1788 polo médico e malacólogo sueco Lorens Münter Philipson, na obra de Anders Jahan Retzius Dissertatio historico-naturalis sistens nova testaceorum genera. Quam præside D. M. Andr. J. Retzio (...) ad publicum examen defert Laurentius Münter Philipsson. (Ver texto completo dixitalizado).
Ademais de polo nome actrualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
No xénero coñécense actualmente (2020) as tres especies seguintes:[1]
Cunchas de Perna perna amoreadas nunha praia de Suráfrica
Perna é un xénero de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos.