Ensis minor é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1843 polo naturalista francés Jean-Charles Chenu na súa obra, publicada en 4 volumes entre 1842 e 1854, Illustrations conchyliologiques, ou description et figures de toutes les coquilles connues, vivantes et fossiles. Paris: Fortin, Masson, Langlois & Leclercq.[1]
Chenu describiuna inicialmente como unha variedade da especie Ensis siliqua, Ensis siliqua var. minor, pero máis tarde déuselle a categoría de especie independente.
Non debe ser confundida coa especie homónima Ensis minor Dall, 1899, que habita a costa atlántica dos EEUU, e que foi recentemente renomeada[2].
É unha especie común no océano Atlántico nororiental, incuído o mar Mediterráneo.[1]
Moi semellante a Ensis siliqua, distínguese polo seu menor tamaño, polo extremo posterior hexagonal da cuncha e pola impresión muscular.[3] A cuncha é bastante ampla, cos bordos rectos ou, máis raramente, curvos, paralelos ou case paralelos. O extremo posterior é aproximadamente da mesma amplitude que o anterior. A abertura posterior é estreita, co contorno máis ou menos comprimido. A cuncha presenta esculturas de finas liñas concéntricas, tras os incrementos de crecremento.[4]
Ensis minor é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1843 polo naturalista francés Jean-Charles Chenu na súa obra, publicada en 4 volumes entre 1842 e 1854, Illustrations conchyliologiques, ou description et figures de toutes les coquilles connues, vivantes et fossiles. Paris: Fortin, Masson, Langlois & Leclercq.
Chenu describiuna inicialmente como unha variedade da especie Ensis siliqua, Ensis siliqua var. minor, pero máis tarde déuselle a categoría de especie independente.
Non debe ser confundida coa especie homónima Ensis minor Dall, 1899, que habita a costa atlántica dos EEUU, e que foi recentemente renomeada.