O camarón de Mónaco[3] (Lysmata seticaudata) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Marrocos, incluíndo as galegas, nas das illas Azores, Madeira e Canarias, e no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico, Exeo, Negro e de Mármara).[1]
É obxecto de pesca comercial nalgunhas zonas do Atántico leste, o Mediterráneo e o mar Negro.[3]
A especie foi descrita en 1816 polo naturalista nizardo Antoine Risso co nome de Palaemon cogngetii. Posteriormente foi reclasificada polo mesmo autor como Melicerta seticaudata, e actualmente está adscrita ao xénero Lysmata.[1]
O camarón de Mónaco (Lysmata seticaudata) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Marrocos, incluíndo as galegas, nas das illas Azores, Madeira e Canarias, e no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico, Exeo, Negro e de Mármara).
É obxecto de pesca comercial nalgunhas zonas do Atántico leste, o Mediterráneo e o mar Negro.