dcsimg

Phocoenoides dalli ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Phocoenoides dalli é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos focénidos, o único membro do xénero Phocoenoides que, á súa vez, é o único da subfamilia dos focenoidinos (Phocoenoidinae).

Esta especie de toniña foi descrita en 1885 polo zoólogo estadounidense Frederick William True, que a denominou Phocoena dalli na honra do seu compatriota o naturalista William Healey Dall (1845-1927).

Pero cando máis tarde , en 1911, Roy Chapman Andrews describiu o xénero Phocoenoides,[2] foi reclasificada neste xénero, de xeito que o seu nome científico válido actualmente é Pnocoenoides dalli (True, 1885).

Esta marsopa adquiriu certa sona nos medios de comunicación mundiais na década de 1970, cando se revelou por primeira vez ao público que a pesca de salmóns con palangres matara a miles destes cetáceos. Por outra parte, cómpre dicir que esta especie péscase industrialmente no Xapón, onde se consome a súa carne.

Catarcetrísticas

As características principais son as seguintes:[3]

  • Os adultos teñen un tamaño comprendido entre 1,70 e 2,40 m, e un peso de entre 170 e 200 kg.
  • O corpo ten unha coloración chamativa: negra, con unha ampla zona branca nos flancos e, ás veces, no extremo das aletas dorsal e caudal.
  • A cabeza e as aletas pectorais, situadas cerca da cabeza, son relativamente pequenas, e a súa boca, estreita, nun fociño cun bico pouco prominente e labios que poden ser negros ou brancos, está armada con de 23 a 28 pares de dentes na mandíbula superior, e de 24 a 28 na inferior.
  • A aleta dorsal é prominente, en forma de gancho, e de cor variábel, normalmente negra na base e gris ou branca na parte superior.
  • Nada rapidamente (até os 55 km/h) e é hiperactivo.
  • Aproxímase aos barcos.
  • Polo xeral viaxa en pequenos grupos, que poden ocasionalmente reunirse en grandes bancos de miles de individuos.

Distribución

Vive en augas frías do Pacífico setentrional, entre as Kamchatka á de Alasca, polo norte, e até os 50º N (asociado con golfiños), e desde os 40º N (asociado a caldeiróns) até mais ao sur (costas de Corea e Xapón) no leste e costas norteamericanas até a Baixa California no oeste.[3]

Pouco se sabe sobre as súas migracións, pero parece que se despraza cara ao norte en verán e cara ao sur en inverno; algúns individuos poden pasar o verán tan ao norte como no estreiro de Bering.[3]

Alimentación

Caza crustáceos, luras e peixes, apañando sardiñas e especies afíns en augas superficiais, e peixes lanterna a niveis máis baixos.

Estado de conservación

A especie é abundante, e estímase que a poboación actual é de máis de 1 millón de animais. A especie foi amplamente matada en operacións de pesca en alta mar con redes de deriva durante as décadas de 1970 e 1980, pero agora están prohibidas estas pescarías, e os niveis de capturas no actuais non están considerados como o suficientemente altos como para causar descensos poboacionais significativos. As capturas nas augas costeiras xaponesas, así como as incidentais nestas augasa e n as rusas (que se estiman globalmente nuns 20 000 espécimes ao ano), non parece que constitúan unha ameaza pra o descenso poboacional suficiente como para xustificar a inclusión desta especie en ningunha categoría de ameaza.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 Phocoenoides dalii en WoRMS.
  2. Andrews, R. C. (1911), Bull. Am. Mus. Nat. Hist., 30: 31. Phocoenoides dalli en Mammal Species of the World.
  3. 3,0 3,1 3,2 Carwardine, M. (1995), pp. 248-249.
  4. Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K. A., Karkzmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M.D., Wang, J. Y. , Wells, R. S. & Wilson, B. (asesores) (2008): Phocoenoides dalli na Lista vermella de especises ameazadas da IUCN, versión 2013.1.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Phocoenoides dalli: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Phocoenoides dalli é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos focénidos, o único membro do xénero Phocoenoides que, á súa vez, é o único da subfamilia dos focenoidinos (Phocoenoidinae).

Esta especie de toniña foi descrita en 1885 polo zoólogo estadounidense Frederick William True, que a denominou Phocoena dalli na honra do seu compatriota o naturalista William Healey Dall (1845-1927).

Pero cando máis tarde , en 1911, Roy Chapman Andrews describiu o xénero Phocoenoides, foi reclasificada neste xénero, de xeito que o seu nome científico válido actualmente é Pnocoenoides dalli (True, 1885).

Esta marsopa adquiriu certa sona nos medios de comunicación mundiais na década de 1970, cando se revelou por primeira vez ao público que a pesca de salmóns con palangres matara a miles destes cetáceos. Por outra parte, cómpre dicir que esta especie péscase industrialmente no Xapón, onde se consome a súa carne.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician