dcsimg

Balaenoptera omurai ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rorcual de Omura, Balaenoptera omurai,[2] é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera, e da que aínda se coñece moi puoco, xa que o seu descubrimento foi anunciado no 2003.

Unha femia encontrouse varada o 14 de abril de 2015 nunha praia de Australia Occidental, preto de Exmouth. Foi a segunda vez que este rorcual foi observado en Australia.[4]

Este rorcual foi filmado por primeira vez na natureza na costa de Madagascar no ano 2015.[5]

Taxonomía

Descrición

A especie foi identificada, e descrita, por un equipo de investigadores xaponeses formado por Shiro Wada, Masayuki Oishi e Tadasu K. Yamada.[6]

Nome específico

O nome específico, omurai, que significa 'de Omura', débese a que foi descuberto preto de Ōmura, un concello xaponés da prefectura de Nagasaki.

Notas

  1. Reilly, S. B.; Bannister, J. L.; Best, P. B.; Brown, M.; Brownell Jr., R. L.; Butterworth, D. S.; Clapham, P. J.; Cooke, J.; Donovan, G. P.; Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2008): Balaenoptera omurai na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 Berta, Annalisa ei al. (2006): Mammals: Evolutionary biology. 2ª ed. Burlington, Massachusetts, USA: Academic Press (Elsevier). ISBN 978-0-12-088552-2.
  3. Balaenoptera omurai no WoRMS.
  4. Un rorqual d'Omura s'échoue sur une plage australienne Le Monde en liña, 14-04-2015 (en francés).
  5. Une espèce de baleines rares observée au large de Madagascar Le Monde. Vídeo.
  6. Wada, S.; Oishi, M. and Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whales". Nature 426: 278–281.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Balaenoptera omurai: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rorcual de Omura, Balaenoptera omurai, é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera, e da que aínda se coñece moi puoco, xa que o seu descubrimento foi anunciado no 2003.

Unha femia encontrouse varada o 14 de abril de 2015 nunha praia de Australia Occidental, preto de Exmouth. Foi a segunda vez que este rorcual foi observado en Australia.

Este rorcual foi filmado por primeira vez na natureza na costa de Madagascar no ano 2015.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician