O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.
O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.[2]
A maioría das especies dos pulmomados carecen por completo de branquias, e teñen a cavidade paleal transformada nun órgano respiratorio chamado pulmón (por comparación cos verdadeiros pulmóns dos vertebrados tetrápodos), e ao que alude o seu nome.
Trátase dunha cavidade do manto transformada nun amplo saco coas súa delgadas paredes moi vascularizadas, que comunica co exterior mediante unha estreita abertura situada lateralmente, á dereita, chamada poro respiratorio ou pneumostoma.[3]
Os pulmonados, igual que outros gasterópodos, sofren no curso do seu desenvolvemento unha distorsión (torsión) do saco viscerasl, polo cal a comisura visceral non está entrecruzada.[3]
Teñen un corazón cunha soa aurícula, un ril, e un sistema nervioso concentrado, simétrico. O atrio cardíaco encóntrase case sempre en polsición anterior ao ventrículo. A cavidadd paleal encóntrase no lado dereito do cuerpo.
A maioría das especies teñen unha cuncha, pero sen opérculo, aínda que o grupo tamén inclúe varias limachas se cuncha. A cuncha, dextrorsa, e só excepcionalmente sinestrorsa, en xeral é delgada e espiralada; nalgunhas especies está reducida e cuberta, total ou parcialmente, polo manto, e noutras, como quedou dito, mesmo falta.
A boca presenta unha rádula con numerosos pequenos dentes, e frecuentemente, mandíbulas.
O poro xenital ábrese ao exterior polo lado dereito, detrás da cabeza. Son hermafroditas, e as estratexias reprodutivas dalgunhas especies, como as dos caracois terrestres, inclúen o chamado cortexo, e empregan estruturas como os denominados dardos do amor (do inglés, love darts).[3][4]
A orde dos pulmonados foi descrita por primeira vez en 1814 polo naturalista francés Georges Cuvier, descrición que rexistra, dous anos máis tarde o seu colega e compatriota Henri Marie Ducrotay de Blainville, no seu traballo Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal).
O nome científico Pulmonata é o nomintivo plural do adxectivo do latín científico pulmonatus, -a, -um, derivado do substantivo do latín clásico pulmo, -õnis, 'pulmón'. Literalmente, 'os que teñen pulmón'.
Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Pulmonata é considerado como:
Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos pulmonados nas subordes dos estilomatófos (Stylommatophora), basomatóforos (Basommatophora) e e eupulmonados (Eupulmonata). Porén, outros autores,[3] reducen estas ás dúas primeiras.
§ Clasificación de Ponder & Lindberg (1997)
Segundo a clasificación dos gasterópodos de Ponder & Lindberg (1997), a taxonomía dos pulmonados é a seguinte:[12]
§ Clasificación baseada na análise filoxenética, de Bouchet & Rocroi (2005). [13][14]
§ Clasificación de Jörger et al. 2010
Jörger et al. (2010) analizaron os grupos principais dentro dos Heterobranchia usando datos xenéticos e encontraron que nos Pulmonata, que se consideraba un grupo polifilético, algúns estaban máis estreitamente relacionadas cos Sacoglossa e os Acochlidia, polo que propuxeron un taxon máis inclusivo, o dos Panpulmonata para unir os clados Siphonarioidea, Sacoglossa, Glacidorboidea, Pyramidelloidea, Amphiboloidea, Hygrophila, Acochlidia e Eupulmonata.[2]
O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.
O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.