O rooibos (nome científico Aspalathus linearis) é unha planta de orixe surafricana, que se pronuncia «roibos» (/ˈrɔɪbɒs/) en afrikaans e que significa arbusto vermello. É moi popular debido ao uso que se fai das súas follas en preparacións como infusións, e tamén se lle chama té rooibos (té vermello surafricano, que non debe confundirse co té vermello pu-ehr), aínda que na realidade non procede da planta do té.
Aspalathus linearis é unha especie polimórfica que cando crece de forma salvaxe pode ter diferentes características dependendo da rexión onde se reproduza. Algunhas variedades poden chegar a medir 30 cm de altura, mentres que outras chegan aos 2 metros. As variedades dedicadas ao cultivo do "té vermello" adoitan ser de tamaño medio de 1,5 metros de altura. A planta posúe unhas flores amarelas pequenas que florecen a finais da primavera ou cerca do comezo do caloroso verán.[1] Cada flor produce unha froita leguminosa. A planta do rooibos adaptouse a un solo pobre en nutrientes e cunhas condicións climáticas calorosas en extremo. A planta cultívase no verán, que na latitude de Suráfrica coincide co mes de xaneiro. Non contén Teofilina nin Cafeína.
A planta do rooibos (familia dos legumes) cultívase soamente na rexión de Cederberg incluída na provincia Occidental do Cabo.[2][3] Inclúe unha gran familia que alcanza máis de 200 variedades.[4] As follas da árbore déixanse oxidar ao sol e popularmente considérase este proceso como unha fermentación (mais non se trata tecnicamente dunha fermentación, e denomínase así para facer unha equivalencia coa produción do té). Este proceso oxidativo é o que lle proporciona á planta o sabor e a cor 'vermella' característica. Existe igualmente unha produción non "fermentada" (isto é, non oxidada) que se denomina rooibos verde (pretendendo facer unha denominación similar co té verde), variedade que se comercializa a un prezo maior e que posúe unha cor amarela característica. Esta variedade 'non fermentada' posúe unha gran cantidade de polifenois antioxidantes. O comezo do consumo de rooibos comezou no século XVII.[5]
A popularización desta planta é bastante recente. O botánico Carl Thunberg clasificou por vez primeira o rooibos en 1772; mais foi o Dr. Nortier, médico e botánico, a primeira persoa que o estudou en profundidade. Ademais de contrastar as súas propiedades medicinais tamén experimentou o seu cultivo, xa que era unha planta silvestre que crecía principalmente nas montañas Cederberg. Hoxe en día xa a podemos encontrar en máis de 140 países do mundo.[2] En Suráfrica é habitual que o rooibos se tome mesturado con leite e azucre.
A preparación deste "té vermello surafricano" pode levar máis de cinco minutos de preparación da infusión, o que deixa unha bebida de cor vermella (ás veces tirando a pardo). Nalgunhas tendas de Suráfrica comercializase unha variedade denominada rooibos espresso que se elabora de forma similar ao café expreso.
Co rooibos pódese elaborar unha infusión avermellada de sabor moi agradábel que recorda algo o gusto das noces, é lixeiramente doce (non ten azucre, pero o seu sabor parece recordalo) e non posúe cafeína nin alcaloides semellantes. Por tanto, poden tomala tanto nenos como xente nerviosa ou con hipertensión.[6] Emprégase no tratamento das alerxias, xa que actúa como un antihistamínico natural suave e sen chegar a producir somnolencia [Cómpre referencia]. Nalgúns casos realizáronse investigacións acerca de inhibición de tumores en laboratorio[7] así como efectos antimutaxénicos.[8]
Algunhas das propiedades, probadas e populares da infusión do rooibos son:
O rooibos (nome científico Aspalathus linearis) é unha planta de orixe surafricana, que se pronuncia «roibos» (/ˈrɔɪbɒs/) en afrikaans e que significa arbusto vermello. É moi popular debido ao uso que se fai das súas follas en preparacións como infusións, e tamén se lle chama té rooibos (té vermello surafricano, que non debe confundirse co té vermello pu-ehr), aínda que na realidade non procede da planta do té.