Fagales (Fagais) é unha orde de anxiospermas (plantas con flores), que inclúe algunhas das árbores máis coñecidas, entre as que se atopan, por exemplo, as principais especies silvícolas de Galiza. O nome da orde deriva do xénero: Fagus, o das faias. Pertence á subclase Rosidae encadrada no grupo das dicotiledóneas. Actualmente Fagales inclúe es familias e xéneros a seguir:
Sistemáticas máis vellas soamente incluían catro familias (Betulaceae, Corylaceae, Fagaceae, Ticodendraceae; Corylaceae agora inclúese dentro de Betulaceae); as outras familias incluíanse en tres ordes diferentes entre as Hamamelidae. A orde Casuarinales comportaría unha única familia: Casuarinaceae, a orde Juglandales comportaría as familias Juglandaceae e Rhoipteleaceae, e a orde Myricales comportaría as demais familias (ademais da Balanops).
Fagales (Fagais) é unha orde de anxiospermas (plantas con flores), que inclúe algunhas das árbores máis coñecidas, entre as que se atopan, por exemplo, as principais especies silvícolas de Galiza. O nome da orde deriva do xénero: Fagus, o das faias. Pertence á subclase Rosidae encadrada no grupo das dicotiledóneas. Actualmente Fagales inclúe es familias e xéneros a seguir:
Betulaceae - betuláceas - familia dos bidueiros (Betula (bidueiros), Alnus (amieiros), Carpinus (carpes), Corylus (abeleiras), Ostrya (carpes lupulinos), Ostryopsis (carpes abeleiras)) Casuarinaceae - casuarináceas - piñeiros de Australia (Casuarina, Gymnostoma, Ceuthostoma, Allocasuarina) Fagaceae - fagáceas - familia das faias (Fagus (faias), Quercus (carballos), Castanea (castiñeiros), Castanopsis, Chrysolepis, Formanodendron, Lithocarpus (carballos de pedra), Trigonobalanus, Colombobalanus) Juglandaceae - xuglandáceas - familia da nogueira (Juglans (nogueiras), Pterocarya, Carya, Cyclocarya, Alfaroa, Engelhardia, Oreomunnea, Platycarya, Rhoiptelea) Myricaceae - miricáceas (Myrica, Canacomyrica, Comptonia) Nothofagaceae - notofagáceas - familia das faias do sur (Nothofagus - subgenera Fuscospora, Brassospora e Lophozonia) Ticodendraceae - ticodendráceas - familia dos ticodendron (Ticodendron)Sistemáticas máis vellas soamente incluían catro familias (Betulaceae, Corylaceae, Fagaceae, Ticodendraceae; Corylaceae agora inclúese dentro de Betulaceae); as outras familias incluíanse en tres ordes diferentes entre as Hamamelidae. A orde Casuarinales comportaría unha única familia: Casuarinaceae, a orde Juglandales comportaría as familias Juglandaceae e Rhoipteleaceae, e a orde Myricales comportaría as demais familias (ademais da Balanops).