Carpinus é un xénero de plantas con flor pertencentes á familia betulaceae. Son arboriñas que acostuman recibir o nome de carpes.
É orixinario de Eurasia com dúas especies europeas e unha única especie na América do Norte. Na Península Ibérica atópase o carpe común tan só nunha extensión moi reducida do Pireneo no País Vasco porén os estudos polínicos evidencian a súa presenza moito máis extensa durante o paleolítico.
Conta cunhas 30 ou 40 especies moitas delas na China.
As especies do xénero Carpinus son árbores caducifolias de talle mediano. As follas teñen unha disposición alternada e son simples cos marxes dentados de até 10 cm de longo. As flores son en candeas cos sexos separados na mesma planta. O froito é unha núcula miúda con diversas sementes.
A madeira do carpe é máis dura ca do carballo e moi apreciada en ebanistaría.
Carpinus é un xénero de plantas con flor pertencentes á familia betulaceae. Son arboriñas que acostuman recibir o nome de carpes.
É orixinario de Eurasia com dúas especies europeas e unha única especie na América do Norte. Na Península Ibérica atópase o carpe común tan só nunha extensión moi reducida do Pireneo no País Vasco porén os estudos polínicos evidencian a súa presenza moito máis extensa durante o paleolítico.
Conta cunhas 30 ou 40 especies moitas delas na China.
Carpe con froitos.As especies do xénero Carpinus son árbores caducifolias de talle mediano. As follas teñen unha disposición alternada e son simples cos marxes dentados de até 10 cm de longo. As flores son en candeas cos sexos separados na mesma planta. O froito é unha núcula miúda con diversas sementes.