dcsimg
Image of Paesia divaricatissima (Dryand. ex Bak.) Copel.
Creatures » » Plants » » Polypodiopsida »

Bracken And Ground Ferns

Dennstaedtiaceae

Dennstaedtiaceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Dennstaedtiaceae é unha familia de fieitos que forma parte da orde Polypodiales.

Características

As dennstaedtiáceas son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, vástago e sistema vascular). Por mor de estas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".

Posúen esporófitos con megafilos ou "frondes" (Euphyllophyta).

As rizomas na súa maioría longamente rastreiros. Normalmente sifonostélicos ou polistélicos. Pelos "jointed" (mixtos).

Os pecíolos usualmente con ápice epipeciolar, usualmente cun feixe vascular en forma de sumidoiro aberto e adaxial.

Láminas usualmente grandes, 2-3 pinnuladas ou máis divididas. Indumento de pelos. Veas libres, bifurcadas ou pinnuladas, raramente anastomosándose e se é así non teñen veas inclusas.

Soros marxinais ou submarxinais, lineais ou discretos. Indusio linear ou cupuliforme na marxe da lámina, ou ben reflectida nos soros.

Esporas tetraédricas con marca trilete, ou con forma de ril e con marca monolete.

Gametófitos verdes, cordados.

Número de cromosomas: x = 26, 29, 30, 31, 33, 34, 38, 46, 47, 48 e quizais outros tamén.

 src=
Corte transversal de talo de Pteridium aquilinum.

Clasificación sensu Smith et al. 2006

Preto de 11 xéneros:

Preto de 170 especies.

Filoxenia

Monofilético, tendo en conta que os fieitos lindsaeoideos e Saccoloma foron excluídos (Pryer et al. 2004b, Schuettpelz et al. en prensa).

Monachosoraceae aníñase dentro de Dennstaedtiaceae (Wolf et al. 1994, Wolf 1995 e 1997, Pryer et al. 2004b, Schuettpelz et al. 2006).

Ecoloxía

Son terrestres (ás veces escandentes), e pantropicales.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Dennstaedtiaceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Dennstaedtiaceae é unha familia de fieitos que forma parte da orde Polypodiales.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician