dcsimg

Gaivota de Delaware ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A gaivota de Delaware[2] (Larus delawarensis) é unha ave da familia dos láridos.

Características

É unha gaivota de tamaño medio, podendo acadar os 50 cm de lonxitude e unha envergadura máxima de 124 cm. A plumaxe é branca, sendo as ás dun gris moi pálido. As patas amarelas. É semellante á gaivota patiamarela diferenciándose pola liña negra que percorre verticalmente o seu peteiro e pola plumaxe moito máis pálida.

Distribución

É unha ave que só se pode atopar excepcionalmente no litoral atlántico europeo, e exclusivamente no inverno. Así as citas desta especie son frecuentes en Galicia, especialmente na provincia da Coruña, aínda que o número de exemplares nunca é abondoso[3]. Estes exemplares veñen de norteamericana, onde a especie ten a súa poboación máis importante.

Notas

  1. Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus delawarensis". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694317A38869005. Consultado o 1 May 2016.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2016.
  3. Anuario Histórico das aves de Galicia. Publicado pola Sociedad Galega de Ornitoloxía, Novembro 2009

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gaivota de Delaware: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A gaivota de Delaware (Larus delawarensis) é unha ave da familia dos láridos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician