Cephalorhynchus é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende catro especies que viven no hemisferio sur e que se caracterizan polo seu pequeno tamaño, a súa coloración branca e negra, e pola cabeza, cónica e acabada nun bico pouco marcado.[2]
O xénero foi descrito en 1846 por John Edward Gray,[3] e o nome que lle deu, Cephalorhynchus, deriva dos elementos compositivos do latín científico cephalo- (derivado do grego antigo κεφαλή kephalé, "cabeza"), e -rhynchus (derivado do grego ῥύγχος rhýnchos, "bico (de ave)", "fociño"), é dicir, "os de cabeza rematada en bico".
O xénero comprende catro especies,[4] das que nunha delas algúns autores distinguen dúas subespecies:[1]
Cephalorhynchus é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende catro especies que viven no hemisferio sur e que se caracterizan polo seu pequeno tamaño, a súa coloración branca e negra, e pola cabeza, cónica e acabada nun bico pouco marcado.