dcsimg

Sphyrna mokarran ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Sphyrna mokarran é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos esfírnidos.

Hábitat e distribución

É unha quenlla tropical semioceánica que habita ó longo da costa, nas plataformas continentais, terrazas insulares e pasos e lagoas de atois de coral, así como en augas máis profundas preto da terra; tanto preto da superficie como a profundidades de até máis de 80m. Habita entre as latitudes 40° N e 35° S. É unha especie migratoria, durante o verán marcha de Florida e do Mar da China Austral cara a latitudes maiores. A súa presenza é xeneralizada no suroeste do océano Índico, pero en Suráfrica limítase á costa de KwaZulu-Natal, onde coexiste con Sphyma lewini e Sphyma zygaena. Hai unha zona de cría nos mangleiros costeiros do sur de Belize.

Notas

  1. Denham, J.; Stevens, J.; Simpfendorfer, C. A.; et alii (2007). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 30 de marzo de 2016.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Sphyrna mokarran: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Sphyrna mokarran é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos esfírnidos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician