Paralichthys olivaceus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1] coñecida en galego como rapante xaponés.[2]
É un peixe plano mariño propia das augas temperadas do noroeste do océano Pacífico que pode alcanzar máis de 1 m de lonxitude e un peso de 9 kg.[3]
É o peixe plano máis altamente estimado no Xapón.[3]
A especie foi descrita por primeira vez en 1846 polo zoólogo danés Coenraad Jacob Temminck e polo seu colega alemán Hermann Schlegel, que a denoimnaron Hippoglossus olivaceus.[1]
Por iso tamén se coñece polo sinónimo de Hippoglossus olivacues Temminck & Schlegel, 1846.[1]
É un peixe plano de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 103 cm de lonxitude, e un peso máximo rexistrado de 9,1 kg.[4]
A súa columna vertebral está fomada por 30 vértebras. A aleta dorsal ten de 77 a 81 raios, e a anal entre 59 e 61.[3]
É unha especie mariña, demersal, oceanódroma,[5] que vive en fondos de entre os 10 e os 200 m de profundidade.[6]
Distribúese polo Pacifico occidental, desde os 62° N e 1° N, e os 99° E e 163° E, nas costas do Xapón, Sakhalin, as illas Kuriles, a península de Corea até o mar da China Meridional.[3]
O rapante xaponés éunha especie comestíbel e moi aprezada gastronomicamente, que é obxecto de activa pesca na súa área de distribución, a zona pesqueirea 61, o Pacífico noroeste.[2]
Esta é a especie máis común dos peixes criados en acuicultura en Corea, ademais d cultivarse tamén no Xapón e na China. A cría en catividade comezou a finais dos anos 1980, su a súa produción comercial a grande escala non comezou en Corea até a década de 1990.
No ano 2001 a produción do rapante xaponés, ou oliváceo, en Corea, alcanzou o 56,1 % da produción total de peixes en acuicultura, que nese ano foi dun todal de 29.297 t, cun valor de 2.935 billóns de wons surcoreanos.[7]
Paralichthys olivaceus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos, coñecida en galego como rapante xaponés.
É un peixe plano mariño propia das augas temperadas do noroeste do océano Pacífico que pode alcanzar máis de 1 m de lonxitude e un peso de 9 kg.
É o peixe plano máis altamente estimado no Xapón.