dcsimg

Santolina ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Santolina, as santolinas[1], é un xénero de plantas pertencente á familia Asteraceae, nativa da rexión Mediterránea. Segundo autores, hai entre 15 e 18 especies.

Descrición

As especies son gamallos perennes que acadan 10–60 cm de altura. As follas son simples nalgunhas especies, ou pinnadas, finamente divididas noutras, a miúdo densamente viludas. As flores son amarelas, producíndose en inflorescencias globosas con testas florais de 1–2 cm de diámetro que sobresaen 10–25 cm sobre a follaxe.

Ecoloxía

Varias especies de Santolina son alimento para as larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluíndo Bucculatrix santolinella (come exclusivamente S. chamaecyparissus) e Coleophora sobre C. albicella.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[2] A especie tipo é: Santolina chamaecyparissus

Etimoloxía

Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[3]

Especies seleccionadas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Santolina: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Santolina, as santolinas, é un xénero de plantas pertencente á familia Asteraceae, nativa da rexión Mediterránea. Segundo autores, hai entre 15 e 18 especies.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician