A dos torpediniformes (Torpediniformes) é unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,[4] estrugas,[5] ortigas,[6] ou raias eléctricas,[7]
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[8]
Existen 69 especies recoñecidas distribuídas en catro familias.[9] Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos empregados na guerra naval foron así denominados por estes animais. A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[10]
As pricipais características dos torpediniformes son:[8][11]
Aliméntanse de plancto e de pequenos invertebrados, polo que os seus dentes son menos afiados que nas especies carnívoras (como os tiburóns).
A orde foi descrita en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.[3]
O nome da orde, Torppediniformes, está contruído sobra a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de peixes (e de aves).
En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere 'agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.
Segundo a FishBase, o WoRMS, o NCBI e o ITIS, a orde comprende as catro familias seguintes:[12]
Orde Torpediniformes
A dos torpediniformes (Torpediniformes) é unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos, estrugas, ortigas, ou raias eléctricas,
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.
Existen 69 especies recoñecidas distribuídas en catro familias. Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos empregados na guerra naval foron así denominados por estes animais. A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.