dcsimg

Visón americano ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O visón americano (Neovison vison) é un mamífero carnívoro da familia dos mustélidos semellante á martaraña. Ten a testa ancha, orellas moi curtas e unha pelaxe lustrosa de cor parda uniforme, cunha raia máis escura no lombo e patas curtas con pés anchos. A súa pel é moi estimada pola industria peleteira.

O visón americano críase en granxas para aproveitar a súa pelaxe en abrigos de pel. Os escapes de animais de granxa e a liberación intencionada por parte de presuntos grupos ecoloxistas permitiron o seu establecemento como especie invasora, poñendo en grave risco ao visón europeo (Mustela lutreola) e danando gravemente a dinámica dos ecosistemas que ocupa.

É transmisor da plasmocitose ou enfermidade Aleutiana do Visón (ADV) causada por un parvovirus, que confire aos exemplares portadores dun determinado xene unha importante deficiencia inmunitaria que chega a causar a morte. Os exemplares infectados que non posúen este xene, sen desenvolver a enfermidade son portadores da mesma, podendo transmitila a outros mustélidos, especialmente visones europeos e americanos.

Orixinario de América, a área de distribución natural do visón ocupa a maior parte dos Estados Unidos e no Canadá, dende os límites da tundra ata as rexións áridas do sur do continente.

O visón americano en Galicia

O visón americano foi introducido en Galicia na década de 1960 pola industria peleteira. As sucesivas soltas por grupos ecoloxistas e escapes fixeron que se asentasen varias poboacións desta especie ao longo de Galicia.

A poboación silvestre de visón americano en Galicia ocupa preferentemente ecosistemas acuáticos, e atópase así mesmo dividida en dúas subpoboacións: unha no sueste da provincia de Pontevedra e outra na cunca do río Mero (A Coruña), esta última cunha orixe precisa: o ano 1984, a causa dos efectos do ciclón Hortensia. A área de distribución desta especie en Galicia medrou considerablemente nos últimos anos, xa que en Galicia atopa un hábitat axeitado para establecerse: existencia dunha ampla rede fluvial orlada con ripisilvas máis ou menos ben conservadas e elevada diversidade e abundancia de recursos tróficos potenciais (peixes, anfibios, mamíferos).[1]

O visón americano constitúe unha autentica ameaza para os pequenos mamíferos e as aves acuáticas e mariñas que aniñan e hibernan en Galicia. O visón chegou a colonizar as illas galegas nadando dende terra, polo que constitúe unha ameaza para as aves mariñas que aniñan nas illas atlánticas, poñendo en perigo especialmente as colonias de corvo mariño cristado, ave que na actualidade atópase en regresión nas costas galegas onde nos 90 tiñas as súas principais colonias mundiais.[2]

Notas

  1. Visón americano en Galicia Medioambiente.xunta.es, Consultada o 22/04/2020
  2. "El visón americano ya está por toda Galicia y amenaza las aves acuáticas". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-05-12. Consultado o 2020-04-22.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Visón americano: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O visón americano (Neovison vison) é un mamífero carnívoro da familia dos mustélidos semellante á martaraña. Ten a testa ancha, orellas moi curtas e unha pelaxe lustrosa de cor parda uniforme, cunha raia máis escura no lombo e patas curtas con pés anchos. A súa pel é moi estimada pola industria peleteira.

O visón americano críase en granxas para aproveitar a súa pelaxe en abrigos de pel. Os escapes de animais de granxa e a liberación intencionada por parte de presuntos grupos ecoloxistas permitiron o seu establecemento como especie invasora, poñendo en grave risco ao visón europeo (Mustela lutreola) e danando gravemente a dinámica dos ecosistemas que ocupa.

É transmisor da plasmocitose ou enfermidade Aleutiana do Visón (ADV) causada por un parvovirus, que confire aos exemplares portadores dun determinado xene unha importante deficiencia inmunitaria que chega a causar a morte. Os exemplares infectados que non posúen este xene, sen desenvolver a enfermidade son portadores da mesma, podendo transmitila a outros mustélidos, especialmente visones europeos e americanos.

Orixinario de América, a área de distribución natural do visón ocupa a maior parte dos Estados Unidos e no Canadá, dende os límites da tundra ata as rexións áridas do sur do continente.

O visón americano en Galicia

O visón americano foi introducido en Galicia na década de 1960 pola industria peleteira. As sucesivas soltas por grupos ecoloxistas e escapes fixeron que se asentasen varias poboacións desta especie ao longo de Galicia.

A poboación silvestre de visón americano en Galicia ocupa preferentemente ecosistemas acuáticos, e atópase así mesmo dividida en dúas subpoboacións: unha no sueste da provincia de Pontevedra e outra na cunca do río Mero (A Coruña), esta última cunha orixe precisa: o ano 1984, a causa dos efectos do ciclón Hortensia. A área de distribución desta especie en Galicia medrou considerablemente nos últimos anos, xa que en Galicia atopa un hábitat axeitado para establecerse: existencia dunha ampla rede fluvial orlada con ripisilvas máis ou menos ben conservadas e elevada diversidade e abundancia de recursos tróficos potenciais (peixes, anfibios, mamíferos).

O visón americano constitúe unha autentica ameaza para os pequenos mamíferos e as aves acuáticas e mariñas que aniñan e hibernan en Galicia. O visón chegou a colonizar as illas galegas nadando dende terra, polo que constitúe unha ameaza para as aves mariñas que aniñan nas illas atlánticas, poñendo en perigo especialmente as colonias de corvo mariño cristado, ave que na actualidade atópase en regresión nas costas galegas onde nos 90 tiñas as súas principais colonias mundiais.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician