dcsimg

Ligustrum ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os alfaneiros[2] ou ligustros son os nomes comúns das especies botánicas pertencentes ao xénero Ligustrum, que abrangue arredor dunhas 40-50 especies aceptadas -das case 180 descritas[3]- de arbustos e arboriñas perennifolias, semiperennifolias ou caducifolias. Nativos de Europa, norte de África, Asia, Australasia, con centro de diversidade na China, o Himalaia, o Xapón e Taiwán. Pertencen á mesma familia da oliveira, as oleáceas.

Etimoloxía

Derivado latín do verbo lĭgo, āvi, ātum, āre (atar), pola flexibilidade das súas pólas noviñas que servían para atar feixes; aplicado xa por Plinio o Vello (12,109; 24, 74).

Descrición

As flores son miúdas e recendentes e rematan en panículos. Teñen catro pétalos ensortillados e dous estames altos con anteras amarelas ou arroibadas, e entre eles os pistilos baixos; pétalos e estames saen despois que a flor for fertilizada, levando o pistilo ao tubo do cáliz. A floración comeza logo de 330 graos días. Os froitos, en grupos, son bagas drupas miúdas púrpuras ou negras, velenosas para os humanos, porén ben asimiladas por moitas aves. En condicións favorábeis de crecemento, un arbusto individual pode producir milleiros de froitos.

Algunhas especies deste xénero representan un gran problema en Nova Zelandia. De feito, está prohibida a venda ou o cultivo de plantas do xénero Ligustrum por mor aos efectos do seu pole nos asmáticos, xa que se ten demostrado que é un causante de ataques de asma e eccemas en persoas sensíbeis.

O alfaneiro é atacado polas larvas dalgunhas especies de lepidópteros (avelaíñas), entre elas: Hemithea aestivaria, Chloroclysta truncata, Amphipyra pyramidea, Ectropis crepuscularia, Alcis repandata, Odontopera bidentata, Euplexia lucipara, Chloroclystis v-ata ou Peribatodes rhomboidaria.

Especies aceptadas

Na Península Ibérica só están presentes as especies a seguir: L. lucidum, L. ovalifolium e L. vulgare[4]. Non sendo comúns en Galicia.

Nalgunhas partes do mundo onde non son nativos, algunhas especies de alfaneiro considéranse plantas invasoras, tendo desprazado as especie nativas. É particularmente un problema en América do Norte, onde non hai especies naturais.[5]

 src=
Alfaneiro deciduo xaponés Ligustrum obtusifolium
 src=
alfaneiro bravo europeo Ligustrum vulgare

Notas

  1. "Ligustrum". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 7 de maio de 2010.
  2. [1]
  3. Ligudtrum en The Plant List
  4. 'Ligustrum en Flora Ibérica. RJB/CSIC, Madrid
  5. Swearingen, J., K. Reshetiloff, B. Slattery, and S. Zwicker (2002). "Privets". Plant Invaders of Mid-Atlantic Natural Areas. National Park Service and U.S. Fish & Wildlife Service.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ligustrum: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os alfaneiros ou ligustros son os nomes comúns das especies botánicas pertencentes ao xénero Ligustrum, que abrangue arredor dunhas 40-50 especies aceptadas -das case 180 descritas- de arbustos e arboriñas perennifolias, semiperennifolias ou caducifolias. Nativos de Europa, norte de África, Asia, Australasia, con centro de diversidade na China, o Himalaia, o Xapón e Taiwán. Pertencen á mesma familia da oliveira, as oleáceas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician