dcsimg

Guanaco ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O guanaco[2] (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario do llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.

Poboación e distribución

O guanaco é nativo das rexións áridas e montañosas de América do Sur. Atópanse no altiplano do Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Chile e Arxentina. En Chile e na Arxentina, son máis numerosos nalgunhas rexións da Patagonia, en lugares como o Parque Nacional Torres del Paine e na Illa Grande da Terra do Fogo. Nestas zonas, existen limitacións en materia de concorrencia (pasto do gando). Algúns indios bolivianos son coñecidos por axudar a poboación de guanacos a recuperar a súa estabilidade poboacional. O tempo de vida normal dun guanaco é de vinte a vinte e cinco anos.

Época de apareamento

A época de apareamento ocorre entre novembro e febreiro, durante a cal os machos, frecuentemente, pelexan violentamente para establecer o dominio sobre a femia e para ter os dereitos de reprodución. Once meses despois nace un único descendente (chamado de chulengo). Os chulengos son capaces de andar inmediatamente após o nacemento. Os novos chulengos machos son expulsos do rabaño logo dun ano de idade.

Curiosidades

Hemoglobina

Como se atopan en grandes altitudes (onde os niveis de osíxeno son baixos), unha culleriña de sangue de guanaco contén arredor de 68 000 000 de glóbulos vermellos - catro veces máis ca o do ser humano. Este elevado numero de hemacias garante a adaptación corporal nestas condicións extremas.

 src=
Guanacos no Parque Nacional Torres del Paine, en Chile

Notas

  1. Baldi, B., Lichtenstein G., González, B., Funes, M., Cuéllar, E., Villalba, L., Hoces, D. & Puig, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. "Entrada guanaco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 04 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Guanaco: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O guanaco (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario do llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician