Butorides striata, é unha especie de ave pelecaniforme da familia Ardeidae[1][2] que habita en América, Asia, África e Oceanía. Pódese atopar nas proximidades de auga doce, salobre ou salgada.
Na idade adulta pode chegar a medir de 36 a 48 cm de longo. O seu peteiro mide de 7 a 9 cm, o cal lle beneficia para pescar.
Fai os seus niños nas árbores nas proximidades dos ríos; pode pór de 2 a 5 ovos, os cales logran sobrevivir a maioría das veces.
Do mesmo xeito que a gran maioría das especies de garzas non anda en grupos, e polo xeral mantense soa ou coa súa parella. Aliméntase de peces e insectos pequenos con axuda do seu longo e agudo peteiro.
Butorides striata, é unha especie de ave pelecaniforme da familia Ardeidae que habita en América, Asia, África e Oceanía. Pódese atopar nas proximidades de auga doce, salobre ou salgada.