dcsimg

Palinúridos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Exemplar xuvenil de Panulirus cygnus, a lagosta australiana.
 src=
Jasus edwardsii, especie do sur de Australia e de Nova Zelandia.

A dos palinúrios (Palinuridae) é una familia de crustáceosmalacostráceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos aquelados (que non teñen quelas ou pinzas),[1] que comprede unhas 60 especies,[2][3] coñeidas vulgarmente como lagostas.[4]

Taxonomía

Descrición

A familia foi desrita en 1802 polo zoólogo francés Pierre André Latreille.[1][5]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Palinuidae, está formado sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Palinurus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.

Sinónimo

Ademais de polo protónimo que lle impuxo Latreillr, a familia coñeceuse tamén polo sinónimo:[6]

  • Synaxidae Spence Bate, 1881

Clasificación

Na actualidade (2020) na familia coñécense os seguintes 11 xéneros:[1]

Porén, algúns autores, como os expertos do ITIS, só recoñecen estes 8:[5]

  • Jasus Parker, 1883
  • Justitia Holthuis, 1946
  • Linuparus White, 1847
  • Palinurus Weber, 1795
  • Palinustus A. Milne-Edwards, 1880
  • Panulirus White, 1847
  • Projasus George & Grindley, 1964
  • Puerulus Ortmann, 1897

Características

As principais característiucas dos membros deta familia son:[7][8]

  • Corpo co cacho sen rostro, ou con un moi rudimentario.
  • Patas sen pinzas verdadeiras, co primiero par non moi desenvolvido (agás en Justitia sp).
  • Antenas alongadas, cilíndricas, máis longas que o corpo.

Rexistro fósil

O rexistro fósil das langostas ampliouse notabelmente co achado en 1995 de un fósil de 110 millóns de anos preto de El Espiñal, en Chiapas, México. Os investigadores da Universidad Nacional Autónoma de México nomearon este fósil como Palinurus palaecosi e informaronn que é o más cercano aos membros do xénero Palinurus que actualmente viven nas costas de África.[9]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Palinuridae Latreille, 1802 no WoRMS. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
  2. Harold W. Sims Jr. (1965). "Let's call the spiny lobster "spiny lobster"". Crustaceana 8 (1): 109–110.
  3. Ferran Palero; Keith A. Crandall; Pere Abelló; Enrique Macpherson; Marta Pascual (2009). "Phylogenetic relationships between spiny, slipper and coral lobsters (Crustacea, Decapoda, Achelata)". Molecular Phylogenetics and Evolution 50 (1): 152–162.
  4. palinúridos, en Xosé Feixó, dir. (1999): Dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-091-3.
  5. 5,0 5,1 Palinuridae Latreille, 1802 no ITIS.
  6. Synaxidae Spence Bate, 1881 no WoRMS.
  7. Lipke Holthuis (1991). "Glossary". FAO species catalogue Vol. 13: Marine Lobsters of the World. Food and Agriculture Organization. ISBN 92-5103-027-8. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de febreiro de 2020.
  8. P. J. Hayward & J. S. Ryland (1996). Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press. p. 430. ISBN 0-1985-4055-8.
  9. Victoria Jaggard (3 de maio de 2007). "Photo in the news: oldest lobster fossil found in Mexico". National Geographic.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An updated classification of the recent Crustacea. Science Series, 39. Natural History Museum of Los Angeles County. Los Angeles, CA, USA.
  • Chan, T. Y. (2010): "Annotated Checklist of the World's Marine Lobsters (Crustacea: Decapoda: Astacidea, Glypheidea, Achelata, Polychelida)". The Raffles Bulletin of Zoology. Supplement Nº 23: 153–181.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Palinúridos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Exemplar xuvenil de Panulirus cygnus, a lagosta australiana.  src= Jasus edwardsii, especie do sur de Australia e de Nova Zelandia.

A dos palinúrios (Palinuridae) é una familia de crustáceosmalacostráceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos aquelados (que non teñen quelas ou pinzas), que comprede unhas 60 especies, coñeidas vulgarmente como lagostas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician