A lixa de lei, ou simplemente lixa,[1] Centrophorus granulosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que habita no golfo de México, no Atlántico oriental, desde Francia até Suráfrica (incluíndo o Mediterráneo occidental) e nas costas de Madagascar, Australia, Nova Guinea e Honshu (Xapón).
A súa cabeza é cónica, co fociño curto e a boca un pouco arqueada. Os dentes posúen unha soa cúspide, imbricada e aguda no maxilar superior e baixa e abatida no inferior. Ten grandes ollos verdes luminiscentes e unha forte espiña precede ás dúas aletas dorsais. O extremo posterior das aletas pectorais acaba en punta, e carece de aleta anal. Os individuos xuvenís presenta coloración agrisada con toos viñosos, especialmente nas aletas, reberetadas de branco, e abrancazada no ventre; os adultos son de cor gris apardazada escura uniforme. Adoitan medir uns 150 cm, aínda que o tamaño máximo rexistrado corresponde a 160 cm no macho e 145 cm na femia.[2]
Típico animal das profundidades, vive na zona do noiro continental, habitualmente a 200 m de profundidade, aínda que se pode encontrar entre os 100 e os 1.400 m. Pode formar pequenos grupos. Ovovivíparo, as crías nacen miden uns 30 ou 40 cm de lonxitude ao nacer. Captúrase con artes de fondo, palangre e redes de arrastre.
Segundo a IUCN, a súa situación é vulerábel.[3]
Esta especie está citada na bibliografía ictiolóxica galega,[4] e para ela Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,[5]
A lixa de lei, ou simplemente lixa, Centrophorus granulosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que habita no golfo de México, no Atlántico oriental, desde Francia até Suráfrica (incluíndo o Mediterráneo occidental) e nas costas de Madagascar, Australia, Nova Guinea e Honshu (Xapón).