dcsimg

Zigópteros ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os zigópteros ou cigópteros (Zygoptera) son unha suborde da orde Odonata, que comprende os cabalos do demo[1]. Diferéncianse doutros odonatos porque as súas ás en descanso alíñanse xunto ao abdome e porque os ollos están considerablemente separados.

Características

Os zigópteros, como o resto de odonatos, son hemimetábolos (metamorfose incompleta) e o seu estadio ninfal é acuático. A femia pon ovos na auga, ás veces na vexetación mergullada, ou no alto en árbores, en cavidades que reciben auga de choiva. As ninfas son carnívoras, comendo larvas de mosquitos, Daphnia, e outros organismos acuáticos.

As branquias das ninfas son grandes e externas, ao final do abdome. Despois dun tempo importante na metamorfose, o adulto emerxe e come moscas, mosquitos, e outros insectos pequenos. Algunhas especies tropicais grandes aliméntanse de arañas.

Véxase tamén


  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabalo. (ver frases e expresións con cabalo)

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Zigópteros: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os zigópteros ou cigópteros (Zygoptera) son unha suborde da orde Odonata, que comprende os cabalos do demo. Diferéncianse doutros odonatos porque as súas ás en descanso alíñanse xunto ao abdome e porque os ollos están considerablemente separados.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician