dcsimg

Euforbiáceas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As euforbiáceas (Euphorbiaceae) son unha familia de [[anxiospermas|plantas con flor]] con entre 232 xéneros recoñecidos [1] e 320 [2] e aproximadamente 6100 especies, a maioría son herbáceas pero algunhas, en especial nos trópicos son arbustos ou árbores. Algunhas son suculentas e semellan cactos. É unha familia predominantemente tropical[3], o maior número de especies atópase na rexión indo-malaia e en segundo lugar na na América tropical, en África é algo menos abundante. Mais tamén habita áreas non tropicais, en especial o xénero Euphorbia, como son a Conca do Mediterráneo, Oriente Medio, Suráfrica e o sur dos Estados Unidos [4] .

As follas son polo xeral simples, alternas, opostas ou nalgúns casos verticiladas con estípulas; naqueles casos nos que as follas son compostas son sempre palmadas, e nunca pinnadas. As estípulas pódense transformar en tricomas, glándulas ou espiñas, ou mesmo en especies suculentas poden non existir.

As flores, simétricas radialmente, son unisexuais, normalmente coas flores femininas e masculinas presentes na mesma planta. Nunha familia con tan gran número de especies, hai unha gran variedade na estrutura das flores, que poden ser monoicas ou dioicas. Os estames poden variar entre 1 e 10, e por veces máis, e as flores femininas son hipóxenas, isto é con ovario súpero.

 src=
Ciatios dunha Euphorbia baylissii

As plantas da subtribo Euphorbiinae (Euphorbia e parentes próximos) presenta unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor.

O froito normalmente é un esquizocarpo, e nalgúns casos unha drupa. Un esquizocarpo típico é a regma, un froito capsular con máis de dous carpelos, que se divide en monocarpos na madureza crebando explosivamente, diseminando as pequenas sementes.

A familia contén unha gran variedade de filotoxinass, principalmente diterpeno ésteres, alcaloides, glicósido e toxinas do tipo rícino.

Un zume leitoso ou látex é característico das subfamilias Euphorbioideae e Crotonoideae que é pozoñento na primeira [5] pero incocuo en Crotonoideae [6].

 src=
Acalypha australis

Usos

Algunhas plantas da familia teñen un amplo uso comercial, é o caso da mandioca (Manihot esculenta), rícino (Ricinus communis), Jatropha curcas) e a hevea (Hevea brasiliensis). Outras utilízanse como plantas ornamentais, é o caso da Euphorbia pulcherrima). As euforbiáceas frondosas Euphorbia esula e Sapium sebiferum son malas herbas invasivas en América do Norte. En canto ao seu uso médico, algunhas especies de Euphorbiaceae son efectivas contra do herpes (HSV-2).[7]

Vulnerabilidade

Algunhas especies, pese aos seus beneficios médicos, enfróntanse ao risco da extinción, é o caso da E. appariciana, E. attastoma, E. crossadenia e E. gymnoclada.[8]

Notas

  1. "Germplasm Resources Information Network". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2012.
  2. Fritz Hans Schweingruber, Annett Börner e Ernst-Detlef Schulze Atlas of Stem Anatomy in Herbs, Shrubs and Trees, Volume 1. Springer (2011), p. 164
  3. Ian Clarke e Helen Lee Name That Flower: The Identification of Flowering Plants. Melbourne University Press (2003), p. 139
  4. Armen Takhtaja Flowering Plants. Springer (2009), p. 287
  5. Chittaranjan Kol Wild Crop Relatives: Genomic and Breeding Resources: Plantation and Ornamental Crops. Springer (2011), p. 127
  6. D. J. Mabberley Mabberley's Plant-Book:A Portable Dictionary of Plants, Their Classification and Uses. Cambridge University Press (2008), p. 326
  7. LA Betancur-Galvis; GE Morales; JE Forero & J Roldan (2002), "Cytotoxic and Antiviral Activities of Colombian Medicinal Plant Extracts of the Euphorbia genus", Memórias do Instituto Oswaldo Cruz, Vol. 97, No. 4, 2002, pp. 541-546. Retrieved through Bioline International (keywords: herpes simplex - Bioline Code: oc02103)
  8. Names.cria.org.br

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Euforbiáceas: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As euforbiáceas (Euphorbiaceae) son unha familia de [[anxiospermas|plantas con flor]] con entre 232 xéneros recoñecidos e 320 e aproximadamente 6100 especies, a maioría son herbáceas pero algunhas, en especial nos trópicos son arbustos ou árbores. Algunhas son suculentas e semellan cactos. É unha familia predominantemente tropical, o maior número de especies atópase na rexión indo-malaia e en segundo lugar na na América tropical, en África é algo menos abundante. Mais tamén habita áreas non tropicais, en especial o xénero Euphorbia, como son a Conca do Mediterráneo, Oriente Medio, Suráfrica e o sur dos Estados Unidos .

As follas son polo xeral simples, alternas, opostas ou nalgúns casos verticiladas con estípulas; naqueles casos nos que as follas son compostas son sempre palmadas, e nunca pinnadas. As estípulas pódense transformar en tricomas, glándulas ou espiñas, ou mesmo en especies suculentas poden non existir.

As flores, simétricas radialmente, son unisexuais, normalmente coas flores femininas e masculinas presentes na mesma planta. Nunha familia con tan gran número de especies, hai unha gran variedade na estrutura das flores, que poden ser monoicas ou dioicas. Os estames poden variar entre 1 e 10, e por veces máis, e as flores femininas son hipóxenas, isto é con ovario súpero.

 src= Ciatios dunha Euphorbia baylissii

As plantas da subtribo Euphorbiinae (Euphorbia e parentes próximos) presenta unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor.

O froito normalmente é un esquizocarpo, e nalgúns casos unha drupa. Un esquizocarpo típico é a regma, un froito capsular con máis de dous carpelos, que se divide en monocarpos na madureza crebando explosivamente, diseminando as pequenas sementes.

A familia contén unha gran variedade de filotoxinass, principalmente diterpeno ésteres, alcaloides, glicósido e toxinas do tipo rícino.

Un zume leitoso ou látex é característico das subfamilias Euphorbioideae e Crotonoideae que é pozoñento na primeira pero incocuo en Crotonoideae .

 src= Acalypha australis
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician