Valeriana é un xénero de plantas da familia Valerianaceae. Inclúe un número de 200 especies, das cales a máis coñecida é Valeriana officinalis, chamada comunmente herba benta ou valeriana menor ou herba dos gatos. Algunha especies son nativas de Europa e outras de América do Norte. Adóitanse usar coma somnífero.
Son herbas perennes, rizomatosas. Flores hermafroditas, en inflorescencias cimosas simples ou escasamente ramificadas. Cáliz con dentes lineares enrolados durante a antese, acrescente, plumoso e persistente na frutificación en forma de papus. Corola con tubo infundibuliforme, con 5 lóbulos desguais. Androceo con 3 estames. Estigma trífido. Froitos coas dúas cavidades estériles moi pouco desenvolvidas.[1]
A herba benta emprégase en Galiza dende a antigüidade.
A planta chamada valeriana vermella, valeriana roxa ou alfinetes (Centranthus ruber), non pertence a este xénero.
O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 31–34. 1753.[2]
Valeriana: nome xenérico derivado do latín medieval xa sexa en referencia aos nomes de Valerio (que era un nome bastante común en Roma, Publio Valerio Publícola é o nome dun cónsul nos primeiros anos da República), ou ao provincia de Valeria, unha provincia do imperio romano, ou coa verba valere, "para estar san e forte" do seu uso coma menciña popular para o tratamento do nerviosismo e a histeria.[3]