O tileiro de folla miúda[1] (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.
Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.
En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares:
Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos.[2]
O tileiro de folla miúda (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.
Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.
As xemas e as poliñas son de cor vermello - granate. As poliñas son glabras e nas xemas pódense ver só dúas escamas Follas con inflorescencias As flores son miúdas e moi recendentes Froita madura.