dcsimg

Feliformes ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Exemplos das familias de feliformes existentes: eupláridos, félidos, hiénidos, herpéstidos, nandiníidos e vivérridos.

A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.[1]

On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".

Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.

A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.

As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.[1][2]

Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.[3]

As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.

As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores,[4][5] Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia.[5] Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia,[4] Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).[6]

Árbore filoxenética dos feliformes

Feliformia

NimravidaeHoplophoneus.jpg

     

Stenoplesictidae

   

PercrocutidaeDinocrocuta gigantea.jpg

     

Nandiniidae Nandinia binotata, Manchester Museum.jpg

       

Prionodontidae

     

BarbourofelidaeEusmilus285wide.jpg

   

Felidae Amur or Siberian tiger (Panthera tigris altaica), Tierpark Hagenbeck, Hamburg, Germany - 20070514.jpg

         

Viverridae AfricanCivet.jpg

     

Hyaenidae Crocuta crocuta.jpg

     

Herpestidae Mongoose.jpg

   

Eupleridae Fossa.jpg

           

Notas

  1. 1,0 1,1 Myers, P.; R. Espinosa; C. S. Parr; T. Jones; G. S. Hammond & T. A. Dewey (2008). ADW - University of Michigan Museum of Zoology, ed. "Suborder Feliformia" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014.
  2. Feliformia no SIIT. Consultado o 17 de decembro de 2014.
  3. Eizirik, E.; W. J. Murphy; K. P. Koepfli; W. E. Johnson; J. W. Dragoo; R. K. Wayne & S. J. O’Brien (2010): "Pattern and timing of the diversification of the mammalian order Carnivora inferred from multiple nuclear gene sequences". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 49-63.
  4. 4,0 4,1 Datos do rexistro fósil (con referencias taxonómicas) das especies viventes e extintas Suborder Feliformia Kretzoi 1945 en The Paleaobiology Database. Consultado o 17 de decembro de 2014.
  5. 5,0 5,1 Apoio ás referencias taxonómicas das especies existentes e extintas. Systema Naturae 2000 - Suborder Feliformia. Consultado o 17 de decembro de 2014.
  6. Wesley-Hunt, Gina D. and John J. Flynn (2005): "Phylogeny of the Cernivora: Basal Relatonoships among the Carnovoranorphans, and Assessment of the Position of ‘Miacoidea’ Relative to Carnivora". Journal of Systematic Palaeontology 3 (1): 1-28. Resuma.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: Paris / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
  • Kemp, Thomas S, (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.
  • Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. Paris: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
  • Wilson, Don E. & Russell A. Mittermeier (eds.) (2009): Handbook of the Mammals of the World. Volume 1: "Carnivores." Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-49-1.
  • Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Feliformes: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Exemplos das familias de feliformes existentes: eupláridos, félidos, hiénidos, herpéstidos, nandiníidos e vivérridos.

A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.

On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".

Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.

A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.

As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.

Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.

As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.

As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores, Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia. Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia, Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician