dcsimg

Gato bravo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gato bravo, ou gato montés,[1][2] Felis silvestris silvestris, é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte,[3] e gato fero.[3][4]

A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretensis está restrixida á illa de Creta,[5] e Felis silvestris lybica é a propia de África.[6]

Taxonomía

Descrición

A subespecie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere 3 (23): 397.[7]

Características

Como xa se mencionou, o gato bravo é moi semellante ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato bravo é meirande ca o gato común, máis rexo, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis larga, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou averdada. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.

A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.

O gato bravo ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.

Alimentación

O gato bravo é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.

É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.

Reprodución

O gato bravo aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.

A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.

Ameazas

En Europa o gato bravo está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.

Notas

  1. gato no Dicionario da RAG.
  2. Nomes vulgares galegos en Léxico de xeografía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  3. 3,0 3,1 gato do monte, en Ledo Cabido, Bieito, director (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  4. VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X.
  5. Felis silvestris cretensis en MSW.
  6. Felis silvestris lybica en MSW.
  7. Felis silvestris silvestris en MSW.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gato bravo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gato bravo, ou gato montés, Felis silvestris silvestris, é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte, e gato fero.

A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretensis está restrixida á illa de Creta, e Felis silvestris lybica é a propia de África.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician